Xunta de Galicia
A Xunta destina 3 M? ás axudas de aconsellamento para axilizar a burocracia a máis de 3.500 explotacións
Publicado el - Actualizado
3 min lectura
A Consellería do Medio Rural publicará mañá a convocatoria destas axudas no Diario Oficial de Galicia
A Consellería do Medio Rural publicará mañá no Diario Oficial de Galicia (DOG) a convocatoria das axudas de aconsellamento, destinadas a entidades prestadoras de servizos de asesoramento inscritas no Rexistro de Entidades con Servizo de Aconsellamento e Xestión en Galicia (RESAXEGA); como poden ser agrupacións de gandeiros, cooperativas ou organizacións agrarias, entre outras. O orzamento destas achegas ascende a 3 millóns de euros e prevese que beneficie máis de 3.500 explotacións a través de 40 empresas asesoras.A finalidade desta iniciativa é a creación dun sistema que facilite xestionar e axilizar a carga burocrática e lexislativa aos axentes do sector. As cuestións obxecto de asesoramento están vencelladas con requisitos legais de xestión, coas boas prácticas agrícolas e medioambientais (BCAM) ou coas prácticas beneficiosas para o clima e o ambiente. O sistema de aconsellamento ás explotacións agrarias está regulado polo Parlamento Europeo e forma parte do Plan Estratéxico da Política Agraria Común (Pepac) 2023–2027, que pretende a evolución do sistema cara a servizos de apoio e innovación.Nesta liña, as axudas contribuirán a mellorar a orientación do mercado e aumentar a competitividade das explotacións agrícolas a curto e longo prazo, especialmente no ámbito da investigación, a tecnoloxía e a dixitalización. Ademais, favorecen a adaptación ao cambio climático e a súa mitigación, grazas á redución dos gases de efecto invernadoiro e a captura de carbono. A maiores, impulsan a modernización das zonas agrícolas e rurais, incentivando prácticas sustentables por parte dos agricultores e gandeiros. A porcentaxe da subvención será do 100% dos custos subvencionables e o investimento máximo será de 800 euros, a excepción daquelas explotacións que empreguen o caderno dixital ou estean inscritas nas aplicacións Contaláctea ou Contacarne, que poderán optar ata un máximo de 1.000 euros de axudas.Anteriormente, a Xunta xa convocara esta liña de axudas. Por primeira vez, no marco do PDR 2007–2013 e dirixidas concretamente a explotacións agrarias. Posteriormente, no PDR 2014–2020, os receptores das achegas pasaron a ser as entidades de aconsellamento. Como consecuencia, e tendo en conta que son as entidades as que tiñan que xustificar os traballos de asesoramento, simplificouse a burocracia para as explotacións. No PDR 2014–2020 houbo convocatorias nos anos 2018 e 2022, cun orzamento total de 6,25 millóns de euros e que beneficiaron preto de 7.500 explotacións a través de 78 entidades.
Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.
La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando