Xunta de Galicia

A Xunta destina 5M? a proxectos de eficiencia enerxética de instalacións deportivas en case un cento de concellos da comunidade

A Xunta destina 5M€ a proxectos de eficiencia enerxética de instalacións deportivas en case un cento de concellos da comunidade

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

3 min lectura

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, visitou xunto coa directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, as melloras que se prevé realizar no pavillón do Forte ao abeiro das axudas do fondo adicional ao Fondo de Cooperación Local

Esta liña vai dirixida a municipios con menos de 15.000 habitantes con case unha trintena de beneficiarios da provincia coruñesa, dos que seis son da comarca de Santiago, entre eles Boqueixón

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, xunto coa directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitaron hoxe o pavillón do Forte de Boqueixón para coñecer as actuacións de mellora da eficiencia enerxética que se prevén realizar co apoio da Xunta. O Goberno galego colabora no proxecto cunha achega de preto de 60.000 euros no marco da liña do fondo adicional ao Fondo de Cooperación Local destinado a concellos cunha poboación inferior a 15.000 habitantes, que suporá actuacións en case un cento de entidades locais da comunidade.De feito, Boqueixón é un dos 28 municipios da provincia coruñesa beneficiarios desta liña de axudas por máis de 1,5 millóns de euros e un dos seis da comarca de Santiago –xunto con Boimorto, Ordes, Frades, Oroso e Padrón– con achegas de máis de 348.000 euros.As melloras previstas no pavillón do Forte de Boqueixón contempla a substitución do revestimento das fachadas, pintado e instalación de bomba de calor co obxectivo de resolver os problemas que estaban a xerar as envolventes. As actuacións previstas enmárcanse nesta liña dotada con 5 millóns de euros e destinada á mellora da eficiencia enerxética dos edificios municipais, con prioridade para as instalacións deportivas coma a visitada hoxe ou para servizos educativos, sociais ou sanitarios. A Xunta xa destinou o ano pasado outros 65.000 euros o ano pasado no marco doutras liñas de axudas do fondo adicional do FCL destinados a mellorar a iluminación deste pavillón.O concello de Boqueixón recibiu nos últimos anos máis de máis de 682.200 euros a través das distintas liñas de apoio no eido local. Por exemplo, neste ano, ademais de recibir axudas do fondo adicional do Fondo de Cooperación Local, o municipio é tamén un dos 185 municipios galegos beneficiarios da orde de axudas de 1,5 millóns de euros da Xunta coa que apoiar ás entidades locais nos gastos da contratación de persoal de socorrismo durante os meses de verán.Diego Calvo puxo en valor o apoio da Xunta ás entidades locais a través de distintas liñas de axudas que facilitan melloras en infraestruturas, no eido ambiental e en servizos locais básicos para a veciñanza. Así, o investimento global previsto para este ano da Xunta aos concellos supera os 602 millóns de euros, dos que 152 corresponden ao Fondo de Cooperación Local (FCL), e á súa vez, nesta contía diferéncianse os 112 millóns do fondo base e os 39,3 millóns de euros do fondo adicional no que se enmarca a liña de axudas de 5 millóns coa que se financian melloras de eficiencia enerxética como a prevista en Boqueixón.A este apoio ao eido local a través do FCL súmanse outras liñas de axudas da Administración autonómica como, no que se refire á Dirección Xeral de Administración Local, outras convocatorias como a Orde de infraestruturas de uso público (3,5 millóns de euros), o Fondo de Compensación Ambiental (11 millóns de euros) ou a nova orde plurianual financiada con Fondos Feder a prol da eficiencia enerxética nas infraestruturas municipais (5,3 millóns de euros).

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

05:00H | 26 NOV 2024 | BOLETÍN