Xunta de Galicia

A Xunta destinou máis de 6,6M? a case 200 concellos a través das dúas convocatorias de axudas para obras en instalacións deportivas municipais ou dotación de equipamento

A Xunta destinou máis de 6,6M€ a case 200 concellos a través das dúas convocatorias de axudas para obras en instalacións deportivas municipais ou dotación de equipamento

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

3 min lectura

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, visitou o campo de fútbol da Rega, onde se renovou o céspede artificial cunha achega de 50.000 euros da Xunta a través desta liña de axudas e recibiu outros case 000 euros en material

O Goberno galego investiu 236.700 euros en actuacións nos concellos da comarca de Ordes como Tordoia co obxectivo de dotar á cidadanía dos espazos e recursos necesarios para a práctica de actividade física

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, comprobou esta mañá o resultado dos traballos de renovación do céspede artificial do campo de fútbol da Rega de Tordoia, que contaron cunha achega de 50.000 euros da Xunta a través da orde de axudas plurianual dirixida a entidades locais e publicada o ano pasado para obras de construción, reforma e reparación en instalacións deportivas de titularidade municipal e tamén o financiamento de equipamento deportivo. Ademais deste apoio, o concello de Tordoia recibiu desta liña case 8.000 euros para material deportivo, polo que o investimento total acada os 58.000 euros.O concello de Tordoia foi un dos 186 municipios beneficiarios nas dúas convocatorias de subvencións do Goberno galego –publicouse unha en febreiro e outra en xullo de 2023–, que permitiron a estas entidades locais levar a cabo 267 proxectos ou equipar as súas instalacións. O importe concedido acada os 6,6 millóns de euros.Na comarca de Ordes o investimento supera os 236.700 euros para actuacións tanto de obras como de dotación de equipamento nos concellos de Tordoia, Ordes, Frades, Trazo, Mesía e Cerceda. De feito, ao acto de hoxe asistiron os alcaldes e alcaldesas de todos os municipios da comarca. A provincia da Coruña foi precisamente a que contou con maior número de concellos beneficiarios cun total de 60 e cun investimento de máis de 2,1 millóns de euros, o que supón en ambos casos un terzo do total. Cómpre lembrar que con estas subvencións bianuais, o Goberno galego financia o 80% dos proxectos presentados polas entidades locais cunha achega máxima de 50.000 euros no caso de obras e de 10.000 euros canto á dotación de equipamento.Durante a visita a Tordoia, Diego Calvo incidiu na importancia da colaboración entre administracións para poder sacar adiante actuacións coma neste caso, dirixidas á mellora da prestación dos seus servizos relacionados co deporte.Na súa visita, sinalou que este campo de fútbol das Regas é un exemplo da aposta da Administración autonómica a prol dunha poboación que leve unha vida activa e saudable a través do fomento da práctica da actividade física e da promoción do deporte base en espazos que reúnan todas as condicións necesarias.O Goberno galego afianza o seu compromiso coas instalacións deportivas e do orzamento no ámbito deportivo, case 18 millóns de euros destínanse neste exercicio –unha contía similar ao ano pasado– a obras de creación e de reforma de instalacións para a práctica de deporte.Xunto co apoio ás entidades locais nas instalacións deportivas da súa titularidade, a Administración autonómica tamén contribúe a melloras nas infraestruturas de entidades deportivas, así como ao funcionamento ao tecido deportivo con achegas ás federacións e aos clubs co obxectivo de que poidan realizar a súa actividade.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados