Xunta de Galicia
A Xunta enxalza os emigrantes como os mellores embaixadores de Galicia no mundo
Publicado el - Actualizado
3 min lectura
Coincidindo co Día de Galicia, José González asistirá ao acto do 45º aniversario do Centro Galicia de Bos Aires, unha entidade que conta con máis de 9.000 socias e socios
Neste evento gardarase un minuto de silencio en memoria das vítimas do palangreiro Argos Georgia, afundido en augas arxentinas
Nos próximos días, o titular de Emprego, Comercio e Emigración manterá diferentes encontros institucionais con galegos residentes na Arxentina e no Uruguai para seguir estreitando lazos coa comunidade galega do exterior
O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, inicia hoxe, coincidindo coa celebración do Día de Galicia, a viaxe institucional á Arxentina e ao Uruguai para seguir estreitando lazos coa comunidade galega do exterior. Deste xeito, o Goberno galego continúa traballando para afondar nas necesidades das galegas e os galegos no exterior e recoñecer o seu gran labor como embaixadores de Galicia no mundo.Con ese fin, José González participará hoxe, xunto co delegado da Xunta na Arxentina, Alejandro López Dobarro, no acto do 45º aniversario do Centro Galicia de Bos Aires e asinará no libro de honra da entidade. Ademais, durante o evento gardarase un minuto de silencio en memoria das vítimas do palangreiro Argos Georgia, afundido en augas arxentinas.O conselleiro tamén terá a oportunidade de ver o cadro A derradeira lección do mestre, unha obra pictórica de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao que foi pintada no ano 1945 en Bos Aires e que forma parte dos fondos deste organismo.O Centro Galicia de Bos Aires é unha comunidade galega creada en 1980 que ten máis de 9.400 socios e socias. A entidade –que conta co apoio da Xunta a través de diferentes programas de axudas e convenios de colaboración– está conformada por diversos grupos de baile, gaita, coro e teatro, escolas de música e baile tradicional galego, así como por numerosos equipos deportivos.Durante a viaxe institucional do titular de Emprego, Comercio e Emigración están previstas diferentes visitas, actos e xuntanzas nas que o conselleiro estará acompañado polo secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, co gallo de fortalecer lazos e de que a comunidade galega no exterior coñeza a Estratexia Galicia Retorna coa que a Administración galega persegue acoller de volta aos que noutrora emigraron ou aos seus descendentes. Ademais, nestes encontros a Xunta tamén busca poñer en valor a contribución da emigración galega á preservación da cultura, a lingua e as tradicións máis alá das fronteiras de Galicia.
Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.
La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando