Xunta de Galicia

A Xunta fai entrega de dúas vivendas de promoción pública en réxime de alugueiro en Vilagarcía de Arousa

A Xunta fai entrega de dúas vivendas de promoción pública en réxime de alugueiro en Vilagarcía de Arousa

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

3 min lectura

Estas propiedades sitúanse na rúa Bosque de Desamparados e se destinan ao alugueiro para menores de 36 anos e maiores de 60

As dúas vivendas forman parte das cincuenta que o Instituto Galego de Vivenda e Solo ten en propiedade neste municipio pontevedrés

Martínez Allegue destaca o acceso á vivenda digna e de calidade para a cidadanía como unha das “prioridades absolutas do Goberno galego nesta lexislatura”

Na provincia de Pontevedra, o IGVS conta con máis dun milleiro de vivendas de promoción pública para arrendar, cifra que ascende a preto de 3.800 en toda a comunidade

A Xunta ten coma obxectivo duplicar o parque público de vivenda, ata chegar ás 8.000

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, acompañada polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, fixo entrega esta mañá a dúas familias de senllas vivendas de promoción pública en réxime de alugueiro na rúa Bosque de Desamparados, no municipio de Vilagarcía de Arousa.Martínez Allegue agradeceu ás novas familias beneficiarias poder compartir o momento da súa entrada no seu novo fogar e reiterou que o obxectivo é que “máis familias poidan conseguir este tipo de alugueiro, facilitándolles así o acceso a unha vivenda de calidade e asequible, algo que sabemos que nestes momentos non é doado para moitas familias”.As beneficiarias son dúas mulleres maiores de 60 anos. Neste senso a conselleira puxo en valor que estase a converter “nun lugar de encontro interxeneracional, de convivencia harmónica e de solidariedade”, xa que o alugueiro destas vivendas está dirixido a menores de 36 anos e maiores de 60.Trátase de dous pisos que forman parte dos cincuenta que o Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) ten en propiedade en Vilagarcía para o alugueiro a prezo accesible. En toda a provincia de Pontevedra, o IGVS conta con máis dun milleiro de vivendas de promoción pública para arrendar, cifra que ascende a preto de 3.800 en toda a comunidade.Tal e como salientou a conselleira, o obxectivo da Xunta é duplicar o parque pública de vivenda nesta lexislatura, ata chegar ás 8.000. Paralelamente, o Executivo galego está a impulsar a Estratexia Galega de Solo Residencial para desenvolver solo para a construción de 20.000 vivendas protexidas e outras 5.000 vivendas libres. Ademáis, Vilagarcía de Arousa está incluída, xunto coas 7 grandes cidades da comunidade, nesta estratexia para desenvolver solo residencial nos próximos anos.Desde 2009, a Xunta destinou 714 M? a apoiar a máis de 140.000 familias galegas no acceso ou rehabilitación da súa vivenda.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

18:00h | 27 nov 2024 | boletín