Xunta de Galicia

A Xunta financia con máis de 275.000 euros os programas de conciliación familiar da comarca de Caldas

A Xunta financia con máis de 275.000 euros os programas de conciliación familiar da comarca de Caldas

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

O delegado territorial visitou os programas de conciliación de Cuntis e Caldas de Reis e destacou a importancia da colaboración entre institucións

A consellería de Política Social e Igualdade inviste un total de 1,2 millóns nos programas de conciliación dos concellos da provincia de Pontevedra

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou esta mañá os programas de conciliación dos concellos de Cuntis e Caldas de Reis, que están financiados coas subvencións ás entidades locais para a promoción da igualdade. Trátase dunha aposta da consellería de Política Social e Igualdade que pretende crear un espazo de xogo, diversión e aprendizaxe para os nenos e nenas galegas, á vez que fomenta a conciliación familiar. Neste sentido, a consellería inviste preto de 1,2 millóns de euros nos programas de conciliación da provincia, dos cales, máis de 275.000 corresponden aos concellos da comarca de Caldas. Entre os concellos beneficiados por estas axudas atópanse, ademais de Cuntis e Caldas de Reis, Pontecesures e Valga. En total, son 25 os concellos da provincia de Pontevedra que se benefician destas axudas e que dan servizo a millares de familias. O delegado territorial aproveitou a ocasión para agradecer o traballo de todos os involucrados nestes programas que son “cada vez máis imprescindibles para as familias galegas” e asegurou que estas iniciativas supoñen “unha mostra máis da importancia que ten a colaboración entre institucións”. Cabe destacar que o programa de conciliación de Cuntis, dotado cunha achega de preto de 130.000 euros, funciona de forma ininterrompida durante todo o ano e ocupa a centos de nenos e nenas de ata 16 anos. Pola súa banda, o programa do concello de Caldas de Reis, que conta cunha achega de 30.500 euros está en funcionamento durante os meses de verán, para facilitar a organización doméstica durante as vacacións escolares.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

12:00H | 08 NOV 2024 | BOLETÍN