Xunta de Galicia

A Xunta impulsa a contratación de menores de 30 anos co novo programa de 1ª experiencia profesional dotado con case 4,2 millóns de euros

A Xunta impulsa a contratación de menores de 30 anos co novo programa de 1ª experiencia profesional dotado con case 4,2 millóns de euros

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

3 min lectura

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, visitou en Santiago a consultora tecnolóxica Unayta, beneficiaria dunha axuda autonómica próxima aos 71.000 euros que lles permitiu contratar cinco persoas mozas

A previsión do Goberno galego é promover a contratación de entre 250 e 410 menores de 30 anos en toda a Comunidade, tanto con titulación como sen cualificación acreditable, a tempo completo e por un período de doce meses

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, visitou en Santiago de Compostela a empresa consultora tecnolóxica Unayta, beneficiaria dunha axuda próxima aos 71.000 euros do novo programa de 1ª experiencia profesional co que a Xunta está a incentivar a contratación de menores de 30 anos. En concreto, grazas á achega incorporaron ao seu equipo un total de cinco persoas mozas.O secretario xeral destacou que o programa está dirixido a empresas, persoas traballadoras autónomas, sociedades civís e comunidades de bens coa previsión de incorporar entre 250 e 410 persoas en toda a Comunidade grazas a un orzamento global próximo aos 4,2 millóns de euros. Con contías de ata preto de 20.000 euros por persoa contratada mediante contratos formativos de doce meses de duración, dótase aos mozos de competencias para poder acceder a un emprego estable e de calidade.Así, trátase dun programa mixto, que ademais de impulsar con apoios económicos a contratación a tempo completo, ofrece formación en competencias brandas, unha combinación de habilidades sociais e de comunicación, actitudes, intelixencia social e emocional moi demandadas polo mercado laboral.Co propósito de atender as necesidades específicas de emprego no tramo de idade de menores de 30 anos, artéllanse dúas liñas concretas de axuda: a primeira, para contratar mozas e mozos con titulación ou certificación profesional; e a segunda, para brindar unha oportunidade tamén a quen carezan de cualificación profesional recoñecida.En ambos os dous casos, os contratos formativos que se concerten deben ir dirixidos a menores de 30 anos que residan en Galicia e que se atopen en situación de desemprego e con inscrición no Servizo Público de Emprego. Así, facilitaráselles un período de práctica profesional acompañada dun proceso de formación para o emprego abrindo camiño á súa inserción laboral xa que, unha vez rematado o proceso, contarán coas competencias para poder acceder a un emprego estable.Coas axudas dáse cobertura aos custos salariais dos postos, con contías que van dos 9.975 euros aos 16.625 segundo ese criterio. A esas cantidades, hai que sumar as destinadas á formación en competencias brandas, 1.700 euros no caso de ser presencial e 850 euros en formato de teleformación. O programa forma parte do paquete de medidas da Xunta para o fomento do emprego xuvenil, unha firme aposta con políticas deseñadas especificamente para este sector de poboación.Neste plan, ademais desta iniciativa, enmárcase –por exemplo– o programa Investigo para a xeración de emprego xuvenil no eido da investigación e dotado este ano con 4,8 millóns de euros, así como os obradoiros de emprego para persoas mozas que contan cun orzamento de 6,6 millóns de euros para este exercicio e o vindeiro.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

17:00H | 6 NOV 2024 | BOLETÍN