Xunta de Galicia

A Xunta impulsa os oficios artesanais tradicionais na Festa da malla de Lobios

A Xunta impulsa os oficios artesanais tradicionais na Festa da malla de Lobios

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, e a xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, achegáronse hoxe ata a VIII Festa da malla e da feira de artesanía e produtos locais organizada pola Asociación de veciños de Puxedo

A Fundación Artesanía de Galicia colabora con dous obradoiros gratuítos especializados na elaboración de papel e na estampaxe impartidos por Peixesapop

No programa de actividades inclúense exposición e venda de produtos de artesanía, obradoiros de elaboración do pan, xogos tradicionais e actuacións musicais

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, e a xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, achegáronse esta tarde ata a VIII edición da Festa da malla e da feira de artesanía e produtos locais, organizada pola Asociación de veciños de Puxedo (Lobios). Trátase dunha festa etnográfica na que os propios veciños recrean unha das fases do ciclo do pan, como é a malla do centeo, nunha das eiras comunitarias existentes na aldea.A Fundación Artesanía de Galicia colabora por primeira vez este ano a través de dous obradoiros gratuítos e abertos a todos os públicos, impartidos por María José Martínez e José Antonio Carrera, de Peixesapop, que se desenvolverán ata as 21,30 h. No obradoiro de

amósase os aspectos máis básicos deste proceso e as súas aplicacións. No de

os visitantes aprenden a empregar esta técnica de estampaxe na que se pinta sobre a auga logrando formas abstractas que despois se transfiren ao papel. Na programación da feira, que se celebra durante toda a tarde na Praza de San Antonio, inclúense tamén exposición e venda de pezas de artesanía e de produtos locais, obradoiro infantil de elaboración de pan no forno comunal, xogos tradicionais e actuacións musicais.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados