Xunta de Galicia

A Xunta impulsa 15 programas de emprego xuvenil en Galicia dos que se beneficiarán 240 mozos e mozas menores de 30 anos

A Xunta impulsa 15 programas de emprego xuvenil en Galicia dos que se beneficiarán 240 mozos e mozas menores de 30 anos

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

3 min lectura

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración resolveu recentemente a convocatoria de 2024 destas achegas, dotada con 6,6 millóns de euros

A duración dos programas, combinando a formación coa realización dun traballo remunerado, será de 12 meses

A mocidade participante poderá adquirir coñecementos en diferentes áreas, como atención sociosanitaria, mantemento de xardíns, traballos forestais, albanelaría, carpintaría, cantaría ou dinamización de empresas, entre outros

O obxectivo é ofrecer unha formación teórico–práctica para o emprego de calidade, mellorando as oportunidades laborais dos participantes a través da realización de melloras en infraestruturas locais ou de servizos de interese xeral

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración vén de publicar a resolución dos talleres de emprego orientados a municipios, mancomunidades e entidades públicas que permitirá a realización nas catro provincias galegas dun total de 15 programas de emprego para menores de 30 anos, inscritos no Sistema nacional de garantía xuvenil. Cun investimento de preto de 6,6 millóns de euros, beneficiaranse desta convocatoria uns 240 mozos e mozas de toda Galicia.A duración do programa –combinando a formación coa realización dun traballo remunerado– será de 12 meses. A iniciativa persegue mellorar a empregabilidade dos participantes e a súa inserción no mercado laboral, ofrecéndolles unha formación dual teórico–práctica para o emprego de calidade. Ao tempo, supón tamén a mellora das dotacións públicas no ámbito local, así como a prestación de servizos de interese xeral e social que repercuten na mellora da calidade de vida e dos servizos para toda a sociedade.Á convocatoria, lanzada en réxime de concorrencia competitiva, podían presentarse concellos, mancomunidades de municipios e entidades públicas dependentes ou vinculadas a concellos ou mancomunidades, tendo prioridade os concellos asociados resultantes de fusión e os que tiveran condición de municipios emprendedores. Tamén primaban os proxectos relacionados coas TIC, a economía dixital, o tecido empresarial e a posibilidade de inserción.Na resolución deste ano resultaron beneficiarios seis programas de emprego xuvenil na provincia da Coruña, concretamente nos concellos de Boiro (asociado con Rianxo e A Pobra do Caramiñal), Santiago de Compostela, Santa Comba (asociado con A Baña, Negreira e Val do Dubra), Betanzos (asociado con Abegondo, Carral, Coirós e Paderne), Rois (asociado con Dodro e Padrón) e Fene (asociado con Ares, Mugardos e Cabanas).Na provincia de Lugo resultou beneficiario o proxecto de emprego do concello de Ribadeo, en agrupación con Barreiros. No caso de Ourense, realizaranse dous programas, un concedido ao concello do Carballiño (asociado con Boborás e Maside) e o outro á Mancomunidade voluntaria de concellos da comarca de Ourense. Finalmente, no caso de Pontevedra foron beneficiados seis programas de emprego na mancomunidade da área intermunicipal de Vigo e na dos concellos do Val Miñor, así como nos municipios de Moraña (asociado con Portas e Valga), Ponteareas, Lalín e O Porriño.A través dos programas seleccionados, a mocidade participante poderá adquirir coñecementos en diferentes áreas, como atención sociosanitaria, mantemento de xardíns, viveiros e zonas verdes, traballos forestais, albanelaría, carpintaría, cantaría, deseño gráfico, dinamización de empresas ou promoción turística, entre outros.A Xunta de Galicia encárgase de financiar a formación profesional para o emprego (medios, materiais, contratación de persoal...), así como os custos salariais derivados dos contratos de traballo subscritos co alumnado. A acción enmárcase nos programas públicos de emprego–formación cofinanciados pola Unión Europea que buscan mellorar a ocupabilidade das persoas mozas menores de 30 anos inscritos no Sistema nacional de garantía xuvenil.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

04:00H | 26 NOV 2024 | BOLETÍN