Xunta de Galicia

A Xunta informa a preto dun cento de concellos sobre o concurso para dixitalizar as redes de abastecemento de augas e anímaos a presentar as súas solicitudes

A Xunta informa a preto dun cento de concellos sobre o concurso para dixitalizar as redes de abastecemento de augas e anímaos a presentar as súas solicitudes

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

3 min lectura

O procedemento, aberto ata o vindeiro día 29, está dirixido aos municipios de menos de 20.000 habitantes interesados en replicar o modelo de dixitalización das infraestruturas hidráulicas xa instaurado na maioría das depuradoras que xestiona o Augas de Galicia

Augas de Galicia celebrou hoxe un encontro por videoconferencia con preto dun cento de concellos galegos para informalos en detalle do concurso lanzado pola Xunta para apoiar aos municipios de menos de 20.000 habitantes que queiran dixitalizar as súas redes de abastecemento en alta e optimizar así o uso da auga controlando en tempo real a súa calidade.Os técnicos do organismo hidráulico dependente da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático detallaron aos representantes municipais os requisitos exixidos no concurso –publicado no

o pasado 26 de xuño– e dúbidas relacionadas co procedemento. Na reunión explicaron que o fin último é desenvolver, implantar e poñer en marcha redes locais de estacións dixitais e integralas nunha plataforma autonómica, para facer un seguimento continuo dos seus sistemas de abastecemento.Este mecanismo ofrece aos concellos a posibilidade de replicar un modelo de dixitalización das infraestruturas hidráulicas que xa está implantado na práctica totalidade das estacións depuradoras que xestiona o Executivo galego e facilitará que os municipios dispoñan de ferramentas coas que xestionar en tempo real e en remoto os sistemas de abastecemento en alta da súa titularidade.O concurso promovido pola Xunta –ao que as administracións locais de menos de 20.000 habitantes poden presentar solicitudes ata o 29 de xullo– conta cun orzamento de preto de 5,8 millóns de euros cofinanciados pola Unión Europea a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia–NextGenerationEU.Unha vez completado o proceso de selección dos concellos beneficiarios, o Executivo galego realizará un diagnóstico dos sistemas de abastecemento municipais, instalará os equipamentos dixitais e conectaraos a unha aplicación informática para facilitar a xestión municipal destas infraestruturas.De xeito, lembrouse que a aposta da Xunta pola dixitalización das infraestruturas do ciclo da auga busca garantir a prestación duns servizos eficaces e eficientes optimizando o uso da auga e preservando a súa calidade en tempo real, tal como se fixo na práctica totalidade das depuradoras xestionadas directamente por Augas de Galicia. Neste sentido, esas EDAR contan con sistemas automatizados de supervisión para controlar dixitalmente os principais parámetros de funcionamento da planta así como con equipamentos independentes de control continuo da calidade da auga depurada, que miden e rexistran en tempo real a turbidez da auga de saída e outros sinais para o seguimento da calidade tales como o caudal ou a condutividade.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

12:00h | 27 nov 2024 | boletín