Xunta de Galicia
A Xunta lembra que permanece aberta a convocatoria de apoios para impulsar a actividade de empresas de base tecnolóxica e a xeración de emprego cualificado
Publicado el - Actualizado
3 min lectura
Os apoios, cuxo prazo remata o 30 de setembro, inclúen achegas para os gastos do primeiro ano, as contratacións indefinidas, a conciliación e a función de xerencia
Por cada contratación indefinida no primeiro ano poderá recibirse un mínimo de 6.000 euros que se verán ampliados este ano a 8.000 no caso de que se incorporen desempregados menores de 30 anos, mulleres ou emigrantes retornados
As persoas beneficiarias poden optar a 3.000 euros para contratar servizos de coidado de menores e maiores e de ata 10.000 para formación en toma de decisións e/ou contratación de análises ou estudos externos para a mellora da actividade
A Xunta impulsa iniciativas de base tecnolóxica (IEBT) nas que investirá medio millón de euros para atender os gastos destes emprendedores durante o primeiro ano de actividade, con achegas de ata 24.000 euros para a creación directa de emprego estable ou de ata 30.000 para o inicio e posta en marcha da actividade. Este programa, con 23 anos de traxectoria, busca alentar o espírito emprendedor entre persoas investigadoras e tituladas universitarias. A Xunta quere favorecer que o resultado dos seus traballos desemboquen na creación de iniciativas empresariais e dinamizar, así, o emprego científico e tecnolóxico. Previa cualificación realizada por equipos especializados –para asegurar mellores perspectivas de consolidación e permanencia dos proxectos– , esta medida artella apoios económicos para facilitar o lanzamento das iniciativas en catro eidos: para a creación directa de emprego estable (achegas de ata 24.000 euros), inicio e posta en marcha da actividade (ata 30.000), conciliación da vida persoal, laboral e familiar (ata 3.000 euros) e apoio á función xerencial (máximo 10.000 euros). A axuda mínima de 6.000 euros por persoa desempregada incorporada para a creación de postos de traballo indefinidos durante o primeiro ano de funcionamento verase ampliada este ano, por primeira vez, ata os 8.000, nos casos nos que o traballador sexa menor de 30 anos ou maior de 52, sexa muller ou se trate dun emigrante retornado ou estranxeiro. Ademais seguiranse a incrementar as achegas cun 25% extra acumulables se o centro de traballo se atopa nun concello rural, entre outros supostos.Os gastos de posta en marcha da actividade inclúen os derivados dos servizos de notaría e rexistro, compra de materias primas, arrendamento do local ou equipamentos, seguro, publicidade e páxinas web. Os apoios á conciliación, permitirán sufragar ata o 75% dos custos dos servizos de coidado de menores, maiores ou dependentes que contraten os impulsores das iniciativas e, os apoios económicos á función xerencial, inclúen achegas para a formación do empresario e/ou para a realización externa de análises, estudos ou informes. O prazo de solicitude permanecerá aberto ata o vindeiro 30 de setembro. O impulso do emprendemento especializado en tecnoloxías supón un piar fundamental para captar e manter o talento neste relevante sector para a economía galega, integrado por máis de 3.000 empresas, que dan emprego a 22.000 persoas.Ligazón á convocatoria no Diario Oficial de Galicia:
Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.
La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando