Xunta de Galicia
A Xunta licitará antes de que remate o ano a redacción do proxecto básico e de execución do novo centro de saúde de Ponteareas
Publicado el - Actualizado
3 min lectura
O novo centro de saúde situarase no lugar de Barral e disporá de máis de 5.700 m²
A nova infraestrutura optimizará a calidade asistencial do municipio, ampliando os seus espazos e o seu cadro de persoal
Antes de que remate o ano a Xunta licitará a redacción do proxecto básico e de execución e dirección de obra do novo centro de saúde de Ponteareas.Así o acordaron o conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, e a alcaldesa de Ponteareas, Nava Castro, na reunión de traballo mantida esta mañá na que avaliaron o Plan funcional do novo centro de saúde de cara á axilización da súa construción.No encontro tamén participaron a directora xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, Amparo Pousada, e o xerente da área sanitaria de Vigo, Javier Puente.O titular do departamento sanitario da Xunta e a rexedora municipal revisaron o Plan funcional desta nova infraestrutura sanitaria que substituirá o actual centro de saúde, con máis de 35 anos de antigüidade. O Executivo galego optimizará a cobertura asistencial da poboación dos concellos de Ponteareas, Salvaterra de Miño, As Neves, Mondariz, Mondariz–Balneario e O Covelo.De acordo ao Plan funcional, o novo centro, que se construirá no lugar de Barral e disporá de máis de 5.700 metros cadrados, ampliará os espazos dedicados á asistencia sanitaria. Contará cunha consulta máis de medicina familiar (en total 9); unha consulta máis de saúde bucodental (en total 2); 2 novas sala polivalentes (en total 4); e unha nova consulta para pacientes con infeccións.O Servizo Galego de Saúde tamén mellorará a unidade de saúde mental dotándoa de 2 consultas de psiquiatría, 1 de psicoloxía clínica, 1 de enfermería, 1 de traballo social, 1 de docencia e unha sala de actividades grupais.Ademais, e no que atinxe aos coidados dos nenos e nenas ponteareáns, o novo centro de saúde disporá de 2 consultas de pediatría, 2 de enfermería pediátrica e unha nova sala para observación e tratamento, e outra de paciente respiratorio.No futuro Punto de Atención Continuada, PAC, haberá unha sala de reanimación e 2 novas de observación; 3 consultas de medicina (1 máis); 3 de enfermería (1 máis); e pasará de contar con 5 dormitorios a 8 e con 2 novos vestiarios. Ademais disporá dunha base do 061 composta de 2 dormitorios, unha sala de estar e aseos.A construción da nova infraestrutura sanitaria suporá a ampliación de persoal, pois o centro de saúde dotarase dun facultativo máis, un odontólogo e senllos profesionais en formación de Medicina de Familia e Comunitaria, e de Enfermería.O cadro de profesionais está composto por 15 médicos, 3 pediatras, 1 farmacéutico, 15 enfermeiros, 3 técnicos en coidados auxiliares de enfermería, 8 prazas de persoal de servizos xerais, 2 odontólogos, 1 profesional en formación en médico de familia e 1 de enfermería, 3 matronas, 3 fisioterapeutas, 1 traballador social e 2 hixienistas. Ademais, o PAC contará con 9 médicos e 9 profesionais de enfermería.
Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.
La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando