Xunta de Galicia

A Xunta multiplica por catro o investimento para dotar aos centros de FP da tecnoloxía máis punteira

A Xunta multiplica por catro o investimento para dotar aos centros de FP da tecnoloxía máis punteira

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

4 min lectura

Un investimento de case 6M? beneficiará a 140 centros para atender a forte especialización e tecnificación dos ciclos e ao incremento récord de matrícula

“Dotamos os centros de material de última xeración co obxectivo de que os alumnos saian ao mercado laboral coa mellor formación posible”, afirma o conselleiro

Cada vez son máis os centros de FP que contan con simuladores e maquinarias que permiten achegarse á situacións reais dun centro de traballo

A Xunta inviste neste novo curso escolar 2024–2025 case 6M? en equipamento para os centros que imparten ensinanzas de FP. Anunciouno esta mañá o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, nunha visita ás obras de ampliación do Instituto IES Manuel Chamoso Lamas, no Carballiño, un dos 140 centros beneficiados desta dotación de material.O titular do departamento educativo do Goberno galego salientou que este orzamento “supón un incremento de 4,3M? respecto ao ano pasado, é dicir, que multiplicamos practicamente por catro o orzamento para esta partida”. Neste senso, explicou que o incremento de matrícula destas ensinanzas, que encadea récords nos últimos anos, fai necesario seguir incrementando a dotación de material dos ciclos de FP.Ademais, o conselleiro sinalou que a FP, cada vez máis especializada, “demanda espazos máis tecnificados e tecnoloxías punteiras, polo que aumentan os centros que contan con simuladores ou xemelgos dixitais, tanto nos seus talleres como en espazos como a rede de 80 aulas de tecnoloxía aplicada”, explicou Román Rodríguez. “Para garantir e manter as altas cotas de empregabilidade da FP, superiores ao 85%, precisamos dotalos dunha maquinaria que se achegue á situación real dun centro de traballo”, afirmou.A dotación de maquinaria enmárcase na Estratexia FP Galicia 2030 e no Plan Innova FP Galicia, follas de ruta da Xunta para que modelo de FP galego acade novas cotas de éxito, que establecen a tecnificación e equipamento dos centros como unha prioridade.O material distribuído entre os centros de FP inclúe todo tipo de maquinaria e instrumentos para dar resposta ás necesidades dos ciclos formativos das diferentes familias profesionais. Inclúense, deste modo, distintos tipos de tornos, robots móbiles autónomos, cizallas para chapa, fresadoras de torreta, equipos de infravermellos, unha cabina de despolvorización de operarios, unha fundidora dental electrónica por indución, unha ducha vichy, maquetas de vehículos con propulsión eléctrica ou sistemas de climatización e de purificación de auga, entre outros.Tamén aparellos de menor envergadura, como manequíns para prácticas de reanimación cardiopulmonar, envasadoras ao baleiro, cortadoras de fiames, maquetas de circuítos eléctricos, bancos de traballo, cascos, kits de vía ferrata ou material variado para espeololoxía, barranquismo e escalada.Neste sentido o conselleiro destacou que a mellora de infraestruturas, como os do IES Manuel Chamoso Lamas, e a dotación aos centros de equipamento de última xeración e vangarda específicos, “ten como obxectivo que os alumnos da FP Galega saian ao mercado laboral coa mellor formación e experiencia”.No caso do centro carballinés, recibe unha inxección de 64.000? para un paquete de dotación que inclúe unha equilibradora e unha desmontadora de rodas, un equipamento de ensaio mediante ultrasóns ou un brazo de robot colaborativo con controladora, entre outra maquinaria.Aínda é posible matricularse nos ciclos de FP que contan con prazas dispoñibles. O 2 de setembro realizarase a terceira e última adxudicación e quen obteña praza nela poderá matricularse ata o día 5 dese mes. Unha vez concluída a terceira fase, haberá unha adxudicación continuada por chamamentos individualizados, que se estenderá entre o 11 e o 27 de setembro.No caso dos ciclos con prazas dispoñibles e sen listaxe de agarda, a matrícula pode formalizarse xa en calquera momento nos centros educativos correspondentes, dado que non entran na terceira adxudicación.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

18:00H | 5 NOV 2024 | BOLETÍN