Xunta de Galicia

A Xunta ofrece este verán co 'CulturOn' 30 tipos de actividades para atender aos intereses do público

A Xunta ofrece este verán co ‘CulturOn’ 30 tipos de actividades para atender aos intereses do público

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

3 min lectura

A campaña estival do Goberno galego chega a 200 concellos con música, maxia, artes escénicas, exposicións, patrimonio ou bibliotecas, entre outras propostas

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, destacou no Parlamento que Galicia se atopa “nun momento de gran vitalidade do sector, co que hai que seguir contribuíndo”

A Xunta de Galicia ten activada neste verán unha ampla oferta cultural que, con 30 tipoloxías de propostas diferentes, se estende a todo o territorio co obxectivo de que todas as persoas poidan gozar das actividades sexa cal sexa o seu lugar de residencia, as súas preferencias ou a súa idade. Así o recordou hoxe o director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, que respondeu unha pregunta na Comisión do Parlamento sobre a programación do

, a campaña coa que, dixo, “o Goberno galego garante o acceso universal á cultura, potencia a diversidade da oferta e apoia as iniciativas das industrias creativas galegas chegando a moi diversos puntos da Comunidade”.Coas propostas xa en marcha, que continuarán ata o mes de setembro, neste 2024 dáselle continuidade a unha campaña que xa funcionou durante o pasado ano e que cobra agora unha dimensión maior xa que, segundo explicou o director xeral de Cultura, “damos por superada a crise de oferta e de demanda que se xerou pola pandemia, atopándonos nun momento de gran vitalidade no sector, sobrepasando os indicadores previos á covid no relativo á actividade, facturación, e emprego”.Así, lembrou que o 2023 foi “un ano moi importante para a cultura galega, por iso desde a Consellería queremos contribuír firmemente a que os fitos conseguidos se vexan incrementados neste 2024 a través de proxectos que respondan aos diversos intereses do público e das persoas creadoras”.Tal e como sinalou Anxo M. Lorenzo, todas as propostas, que se poden consultar na

, engloban unha “oferta plural destinada a satisfacer os diversos gustos da cidadanía a través de proxectos propios da Administración autonómica e a colaboración con diferentes institucións públicas e entidades privadas”. Trátase, ademais, dunha programación que vai na liña dos obxectivos da Lei de cultura inclusiva e accesible de Galicia, que acaba de recibir o visto e prace do Consello da Xunta, e da futura Rede Adival de dinamización cultural no ámbito rural.Desta maneira, a oferta caracterízase pola súa descentralización e diversificación, con presenza en máis de 200 concellos e unha media diaria de 30 accións. Abrangue máis de 500 propostas no marco de festivais de diversa índole como música, teatro ou narrativa; 800 iniciativas vencelladas a distintos circuítos de maxia, espectáculos de rúa ou literatura, entre outros; máis de 200 citas musicais e outras 200 funcións relacionadas coas artes escénicas; preto de 300 accións englobadas no Plan Corresponsables Cultura e 300 actividades máis organizadas ao abeiro da Rede de Bibliotecas Públicas coordinadas pola Xunta; unha trintena de exposicións e 40 actividades en prol da lingua.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

11:00H | 15 NOV 2024 | BOLETÍN