Xunta de Galicia

A Xunta pon de relevo a colaboración con AJE Galicia para o fomento do emprendemento e da remuda á fronte dos negocios vertebradores do territorio

A Xunta pon de relevo a colaboración con AJE Galicia para o fomento do emprendemento e da remuda á fronte dos negocios vertebradores do territorio

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais e a directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social participaron hoxe en Santiago na xornada Emprender, un oficio de risco, organizada pola Asociación de Jóvenes Empresarios (AJE) de Galicia

Enmarcada nas accións da Rede de polos de emprendemento que ten xa 14 centros activos, forma parte tamén do convenio asinado con AJE para a titorización de negocios e para a organización de actividades de networking como a de hoxe

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, e a directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, participaron hoxe en Santiago de Compostela na xornada

organizada pola Asociación de Jóvenes Empresarios (AJE) de Galicia. Alí, ambos puxeron en valor o convenio de colaboración asinado coa entidade para o fomento do emprendemento e da remuda á fronte dos negocios que vertebran o noso territorio.En concreto, destacaron que este convenio inclúe formación específica, a organización de congresos e de actividades de networking co gallo de difundir a cultura emprendedora e de impulsar novos proxectos que xeren emprego, especialmente na Galicia non urbana. O acto de hoxe, ademais de para difundir o convenio, serviu para falar de emprendemento e para tecer redes entre as persoas participantes.Segundo se destacou hoxe, o convenio supón así mesmo a posta en marcha de medidas de asesoramento e de titorización para a creación de empresas, tamén ao abeiro da Rede de polos que conta xa con 14 centros activos no conxunto do territorio, tras o inaugurado esta mesma semana en Sarria. De feito, a xornada de networking celebrada na Cidade da Cultura enmárcase tamén na axenda dos Polos de emprendemento, que conta con diferentes propostas dirixidas tanto a persoas emprendedoras como ás interesadas en montar novas empresas.No marco desa Rede, hoxe lembrouse que está a funcionar un plan para garantir a remuda xeracional á fronte dos negocios, cunha orde de axudas de 1,5 millóns de euros con prazo de solicitude aberto para que os interesados poidan solicitar o financiamento de parte dos gastos de transmisión das empresas das que queren coller as rendas.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Programas

Último boletín

13:00H | 06 OCT 2024 | BOLETÍN