Xunta de Galicia
A Xunta pon en valor a excelente execución dos fondos de formación para o emprego desenvolvida en Galicia e que permitirá recibir 7 millóns de euros adicionais
Publicado el - Actualizado
4 min lectura
O Conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, participou esta tarde por videoconferencia na Conferencia Sectorial de Formación Profesional para persoas traballadoras
Galicia é a comunidade autónoma que mellor está executando os fondos de formación para o emprego orientados a accións de reskilling y upskilling da poboación activa, polo que podería executar esa nova partida adicional
Galicia foi a única rexión que solicitou esta ampliación de crédito que permitirá, por exemplo, potenciar os convenios cos clústeres para seguir mellorando a empregabilidade dos galegos e galegas
Para a Xunta, remarcou González, é unha prioridade axustar as políticas activas de emprego ás necesidades reais do mercado laboral, polo que insistiu na importancia de que o Goberno escoite ás CCAA á hora de fixar os criterios de distribución dos fondos
Galicia é a Comunidade Autónoma que mellor está executando os fondos de formación para o emprego orientados a accións de
y
–termos que fan referencia, respectivamente, á reciclaxe profesional e á adquisición de novas habilidades e competencias– da poboación activa, polo que poderá asumir 7 millóns de euros adicionais para ampliar e potenciar os convenios actuais. Así quedou patente esta tarde na Conferencia Sectorial de Formación Profesional para persoas traballadoras, na que participou por videoconferencia o conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado da directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado.Neste encontro, abordouse a posible renuncia e devolución dos fondos deste programa de microformacións –con base ao Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia– por parte daquelas Comunidades que non están sendo capaces de acadar os compromisos fixados antes do mes de xuño de 2025. Ante este escenario, o titular de Emprego manifestouse a favor de redistribuír ditos fondos entre as rexións que si están nun bo nivel de execución, entre as que Galicia se sitúa en primeiro lugar, sendo a única comunidade autónoma que solicitou esa ampliación de crédito.O titular de Emprego, José González, indicou que esta situación pon de manifesto novamente a necesidade de que o Goberno central teña en conta as particularidades e singularidades de cada Comunidade Autónoma á hora de fixar os criterios de distribución dos fondos, máxime cando son as autonomías as que teñen as competencias exclusivas nas políticas activas de emprego.Entre 2021 e 2023, Galicia recibiu máis de 16 millóns de euros correspondentes a estes fondos orientados á reciclaxe e adquisición de novas competencias profesionais, cos que se financian os convenios desenvolvidos en colaboración cos clústers para a posta en marcha de microformacións (30–60 horas) deseñadas e executadas polos diferentes sectores e dirixidas a persoas ocupadas e desempregadas. Estas accións facilitan o establecemento de itinerarios que procuran ofrecer formación práctica e nos que xa participaron máis de 40.400 alumnos e alumnas. A ampliación de crédito permitirá continuar e potenciar os convenios actuais para seguir mellorando a empregabilidade dos galegos e galegas.Na conferencia sectorial celebrada esta tarde abordouse tamén a distribución de fondos dos programas de cooperación territorial dirixidos ao financiamento das accións formativas no ámbito da formación profesional para persoas traballadoras, que seguirán a mesma liña de 2023, e por medio da cal Galicia recibirá 72 millóns de euros.Para a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración é unha prioridade axustar as políticas activas de emprego ás necesidades reais do mercado laboral, ofrecendo formación adaptada e flexible que favoreza a empregabilidade e cubra a demanda real de man de obra, un escenario no que xogan un papel crucial as microformacións e microcredenciais.Neste ámbito, cómpre destacar que a Xunta pon a disposición axudas a entidades de formación para impartir cursos dirixidos a desempregados na convocatoria 2024–2025, cun orzamento de 76 millóns de euros, o máis alto dos últimos 15 anos, co que se esperan cualificar unhas 18.000 persoas sen traballo e no que se potenciarán as especialidades máis requiridas polas empresas galegas e polos traballadores.A innovación e a tecnoloxía, a través da ferramenta de intelixencia artificial EMi, tamén son clave para xerar emprego de calidade en Galicia e casar a oferta coa demanda. Este
, pioneiro en España e Europa, xa está dispoñible nas 54 oficina de emprego de Galicia e permitirá o perfilado competencial de máis de 70.000 persoas nun ano.
Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.
La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando