Xunta de Galicia

A Xunta potenciará as oficinas de emprego e os orientadores para seguir avanzando na dinamización dun mercado laboral que amosa datos históricos

A Xunta potenciará as oficinas de emprego e os orientadores para seguir avanzando na dinamización dun mercado laboral que amosa datos históricos

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

5 min lectura

O titular de Emprego salientou que Galicia, coa menor cifra de desempregados desde que hai rexistros, lidera a nivel autonómico a caída do desemprego e ademais presenta a mellor cifra de afiliacións nun mes de xuño dos últimos 19 anos

Expuxo que o Goberno galego reforzará o traballo dos orientadores laborais con apoios como os que se revolveron recentemente e que permiten a contratación de 258 profesionais en concellos e entidades sen ánimo de lucro

Fixo fincapé na modernización do Servizo Público de Emprego a través de medidas para casar oferta e demanda como a ferramenta EMi, favorecendo a empregabilidade das persoas que busquen emprego dun xeito activo

A reunión cos directores e orientadores laborais das oficinas de emprego da provincia da Coruña enmárcase no proceso de escoita activa que a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración ten aberto cos principais axentes sociais e económicos

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, destacou hoxe o importante papel que desempeñan os orientadores laborais para que as persoas que demandan emprego atopen unha ocupación o máis axeitada posible ás súas capacidades e a súa contribución a que Galicia lidere en España a caída do paro na evolución anual.Así o sinalou no marco dun encontro cos directores e orientadores das oficinas de emprego da provincia da Coruña, no que estivo acompañado polo secretario xeral técnico da Consellería, Joaquín Macho; a directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, e a delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo.Alí tamén afondou nos datos históricos do mercado laboral do mes de xuño e sinalou que Galicia leva cinco meses consecutivos nos que cae o desemprego, acadando, ademais, as cifras máis baixas desde que hai rexistros (1996). É a primeira vez desde hai 28 anos que o paro en Galicia se sitúa por debaixo das 118.000 persoas, en concreto, rexistráronse 117.938 persoas en situación de desemprego, sinalou.Ademais, remarcou que Galicia lidera a caída do paro na evolución anual (–8,59%) en termos relativos e é a segunda comunidade na que máis baixa o paro, tamén en valores porcentuais (–3,36%), con respecto a hai un mes. As afiliacións á Seguridade Social, lembrou, presentan os mellores datos dun mes de xuño desde 2005 –1.084.871–.En relación coa provincia e a cidade da Coruña, explicou que as cifras reflicten ademais o mesmo ritmo positivo con baixadas do paro na evolución anual e mensual. A caída na provincia con respecto a hai un ano do –9,45% supera á media galega (–8,59%).Neste sentido, o conselleiro puxo en valor a contribución dos orientadores laborais a estes resultados. Un labor, subliñou, que o Goberno galego seguirá impulsando con apoios como os que se revolveron recentemente e que permiten a contratación de 258 orientadores laborais en concellos e entidades sen ánimo de lucro cun investimento superior aos 7,1 millóns de euros.José González tamén fixo referencia á importancia que ten a formación para o emprego, xa que contribúe á creación dos itinerarios laborais das persoas desempregadas que desenvolven os orientadores nas 54 oficinas de emprego de toda Galicia, así como a incrementar as oportunidades laborais das galegas e dos galegos.Unha cuestión, subliñou, na que está a traballar o Goberno galego para xerar máis e mellor emprego na comunidade. Nesta liña, mencionou o programa de seguimento intensivo da demanda de emprego que permite afinar que nas listas do paro estean as persoas que demandan emprego dun xeito activo e que facilitou a contratación de máis de 3.700 persoas.Ademais referiuse á modernización que está a desenvolver a Xunta no Servizo Público de Emprego de Galicia para, entre outros fins, casar oferta con demanda e dar saída aos perfís que demandan as empresas. Neste ámbito salientou a ferramenta tecnolóxica, EMi, baseada na Intelixencia Artificial e pioneira en España e na Unión Europea.Con EMi, lembrou, o Executivo galego avanzará na detección de competencias para facilitar aos orientadores laborais a toma de decisións de cara a aumentar a empregabilidade das galegas e galegos coa previsión de que se poidan beneficiar máis de 70.000 persoas da iniciativa ata setembro de 2025.Deste xeito, explicou José González, a Xunta busca axudar as empresas a localizar o mellor talento e axudar as persoas que recorran ao Servizo Público de Emprego a consolidar a súa traxectoria profesional para seguir dinamizando a economía e continuar co avance favorable do noso mercado laboral.Esta reunión cos directores e orientadores laborais das oficinas de emprego da provincia da Coruña enmárcase no proceso de escoita activa que a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración ten aberto desde o mes de maio cos principais axentes sociais e económicos de Galicia. O encontro serviu para afondar no imprescindible labor destes orientadores de cara a mellorar as oportunidades das coruñesas e coruñeses de atopar un traballo estable e de calidade.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados