Xunta de Galicia

A Xunta presentará alegacións ao concurso do nó de transición xusta de Meirama convocado polo Goberno

A Xunta presentará alegacións ao concurso do nó de transición xusta de Meirama convocado polo Goberno

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

3 min lectura

Así se decidiu logo dunha xuntanza á que foron convocadas as principais organizacións sindicais, a Confederación de Empresarios de Galicia, a Fegamp, a Cámara Oficial Mineira, o Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia e o Consello Galego de Enxeñeiros Técnicos Industriais, a Federación Ecoloxista Galega e o alcalde de Cerceda, Juan Manuel Rodríguez García

Un dos principais motivos para alegar é que o borrador unicamente prevé a convocatoria de 408MW, 150MW menos dos que tiña a central térmica instalada

O comité executivo de Enerxía do Consello Galego de Economía e Competitividade, dependente da consellería de Economía e Industria, acordou presentar alegacións ao borrador do concurso do nó de transición xusta de Meirama (220kv) convocado polo Goberno o pasado 15 de xullo.Así se decidiu logo dunha xuntanza á que foron convocadas as principais organizacións sindicais, a Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), a Fegamp, a Cámara Oficial Mineira, o Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia, o Consello Galego de Enxeñeiros Técnicos Industriais, a Federación Ecoloxista Galega e o Concello de Cerceda, a través do seu alcalde, Juan Manuel Rodríguez García.O comité de Enerxía está presidido polo director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila e, por parte da Xunta, nel está representada, ademais da Consellería, a Axencia Galega de Innovación (Gain), o Instituto Económico de Galicia (Igape), o Instituto Galego do Consumo e da Competencia e o Instituto Enerxético de Galicia (Inega).Un dos principais motivos para alegar é que o borrador unicamente prevé a convocatoria de 408MW, 150MW menos dos que tiña a central térmica instalada. Un documento que, tal e como se dixo na xuntanza, chega con retraso, pois debería terse acompasado cos traballos de demolición e desmantelamento da central.O obxectivo do concurso convocado polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, por medio do Instituto para a Transición Xusta, é outorgar dereitos de acceso á rede eléctrica a proxectos de renovables e almacenamento que se executen en zonas vinculadas ao peche de centrais térmicas de carbón, como é o caso de Meirama, para mitigar o impacto do seu desmantelamento e asegurar a reindustrialización destas zonas.Nese sentido, o comité tamén considera que se debe valorar a viabilidade ambiental dos proxectos pero sen ter que recorrer ao mapa de sensibilidade ambiental do ministerio, que unicamente é unha ferramenta orientativa. Ademais, alegarase que deben establecerse mecanismos que garantan a compatibilidade dos proxectos adxudicatarios.O director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, convidou aos asistentes a que remitiran as súas achegas para poder elaborar unhas alegacións consensuadas que enviar ao Instituto para a Transición Xusta e así traballar entre todos en favor dunha adecuada reconversión e reindustrialización das comarcas afectadas polo peche das centrais térmicas en Galicia.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

05:00H | 08 NOV 2024 | BOLETÍN