Xunta de Galicia

A Xunta promove a participación cidadá no proceso da candidatura Ribeira Sacra a patrimonio mundial

A Xunta promove a participación cidadá no proceso da candidatura Ribeira Sacra a patrimonio mundial

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

3 min lectura

Convócanse para os próximos meses varias xuntanzas polo territorio para informar e recoller as suxestións e inquedanzas da veciñanza

Nos encontros tamén se presta especial atención ao sector vitivinícola e á rede de empresarios da zona

Tamén se poderán facer achegas a través das redes sociais que se poñen en marcha para ofrecer unha vía máis de contacto

A Xunta de Galicia segue dando pasos na candidatura Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial, desta vez poñendo o foco na participación cidadá coa convocatoria dunha serie de xuntanzas coa veciñanza. Os encontros, previstos entre xullo e setembro en diversos puntos do territorio, darán así continuidade ao celebrado en Sober o pasado mes de marzo para lanzar esta estratexia que implica directamente á poboación.O obxectivo das reunións é que os veciños e veciñas, así como os distintos motores económicos da zona, coñezan ben a situación da candidatura e poidan transmitir os seus comentarios e inquedanzas ao redor da mesma. Deste xeito, convócanse cinco encontros, tres veciñais e dous sectoriais.O primeiro deles terá lugar o xoves 11 de xullo ás 19,00 horas en Monforte de Lemos e está dirixido ao eido vitivinícola pola súa importancia no territorio e na conservación da paisaxe natural. Neste senso, cóntase coa colaboración do Consello Regulador como elemento aglutinante de gran parte do sector, aínda que pode participar calquera persoa que así o desexe.A segunda xuntanza, convocada para o venres 12 de xullo, será no Saviñao ás 20,00 horas, reunindo ao empresariado da área. Colabora neste caso a Asociación de Empresarios da Ribeira Sacra, podendo asistir tamén calquera persoa que non estea asociada, especialmente as que pertenzan á hostalería e establecementos turísticos.No que respecta á veciñanza, é de interese a asistencia de responsables de asociacións e persoas que representen ás parroquias no senso de continuar aumentando a base de datos de cara á convocatoria do Consello Parroquial que se celebrará en outubro.As datas destes encontros veciñais son o 14 de xullo ás 12,00 horas no Auditorio Municipal de Chantada; o 26 de xullo ás 20,00 horas no salón de actos do Castelo en Castro Caldelas e o 13 de setembro en Nogueira de Ramuín.Ademais, para prestar información e poder seguir o proceso participativo, poñerase en marcha un perfil de redes sociais, concretamente en Instagram co nome @participa_ribeirasacra, que pretende ser outra vía de contacto ao servizo da veciñanza.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

12:00H | 15 NOV 2024 | BOLETÍN