Xunta de Galicia

A Xunta publica a convocatoria de axudas para formar ata 18.000 persoas sen emprego dando prioridade ás especialidades máis demandadas polas empresas

A Xunta publica a convocatoria de axudas para formar ata 18.000 persoas sen emprego dando prioridade ás especialidades máis demandadas polas empresas

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

4 min lectura

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria 2024–2025 deste programa que busca flexibilizar a oferta formativa para adaptala á demanda real do mercado e que se reforza cun 8,5% máis de investimento, ata chegar aos 76 millóns de euros

Potenciaranse as especialidades máis requiridas polas empresas galegas e polas persoas traballadoras, facilitando o acceso do alumnado aos cursos co reto de dar cobertura ás vacantes existentes no mercado laboral

Tamén como novidades, o alumnado sen a titulación necesaria para acceder a un curso poderá formarse dun xeito simultáneo e, ademais, habilítase a posibilidade de estudar un curso completo ou módulos específicos, dentro da aposta pola flexibilización

As especialidades formativas prioritarias considéranse para toda Galicia e tamén por bisbarras concretas, potenciando as máis precisas para axustar oferta e demanda e avaliando a súa empregabilidade

O prazo de solicitude das axudas para entidades formativas arranca mañá e prolongaranse ata o próximo 9 de agosto

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe as

a entidades de formación para impartir cursos dirixidos a desempregados na convocatoria 2024–2025, cun orzamento de 76 millóns de euros, o máis alto dos últimos 15 anos. Con este presuposto aspírase a cualificar unhas 18.000 persoas sen traballo. A Xunta continúa así a reforzar a formación para o emprego co reto principal de axustar as accións formativas aos perfís que demanda o tecido produtivo e de dar resposta, deste xeito, ás vacantes que existen no mercado laboral.Para optar a estes apoios darase prioridade ás especialidades máis demandadas polas empresas galegas e polas persoas traballadoras nas oficinas de emprego, revisándose e modificándose esta relación de materias formativas consideradas como prioritarias, ademais de avaliarse a súa empregabilidade. Entre os perfís que están a ser máis requiridos destacan os vinculados coa atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais, auxiliares de servizos administrativos e xerais, transporte sanitario, actividades auxiliares de almacén ou operacións básicas de cociña, entre outros.Estas especialidades formativas prioritarias considéranse por bisbarra ou a nivel de Galicia e, ademais de estar coordinadas co tecido produtivo galego, contan cun estudo elaborado pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) en colaboración co Observatorio de Prospectiva do Mercado de Traballo da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración. Deste xeito, cando se detecta demanda dunha formación concreta que impacta nun número elevado de comarcas, a priorización será para toda Galicia; e cando existe unha forte demanda focalizada nunha ou máis bisbarras concretas, pero que non está xeneralizada para todo o territorio, prímase a impartición desas especialidades formativas naquelas zonas específicas nas que se detectou a necesidade. Os apoios autonómicos van dirixidos de xeito prioritario ás persoas desempregadas, aínda que tamén poden participar nos cursos as persoas traballadoras ocupadas ata un límite do 30% das prazas, sempre e cando non se cubran con persoas sen emprego.A convocatoria tamén presenta importantes novidades no referido ao acceso do alumnado aos cursos. Por vez primeira, non se esixirá ter a titulación precisa para un curso de xeito previo, permitindo formarse en paralelo. Isto quere dicir, na práctica, que un alumno sen Bacharelato que desexe estudar un grao C de nivel 3 –a efectos académicos, equivalente a ese nivel educativo– poderá estudar, á vez, o curso formativo e as competencias claves precisas para obter este certificado profesional.Ademais, tamén como novidade, o alumnado poderá estudar un curso completo ou módulos específicos incluídos nun certificado profesional, dentro da aposta da Xunta por flexiblizar ao máximo a formación e axustala ás necesidades de empresas e traballadores.Poden ser beneficiarias destas axudas as entidades e centros de formación que estean acreditados ou, de ser o caso, inscritos para impartir en Galicia as ofertas formativas do Sistema de Formación Profesional dos graos B e C (correspondentes á obtención dos certificados de competencia e profesionais) e/ou as competencias clave para as cales se soliciten as axudas, xa sexa na modalidade presencial ou virtual.O prazo de solicitude das achegas arranca mañá e prolongarase ata o próximo 9 de agosto.Ligazón á orde no DOG:

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Programas

Último boletín

18:00H | 14 NOV 2024 | BOLETÍN