Xunta de Galicia
A Xunta reclama ao Goberno que revise as convocatorias do Perte VEC para dar prioridade aos provedores locais
Publicado el - Actualizado
2 min lectura
A conselleira de Economía e Industria, censura que a terceira convocatoria do Perte VEC, publicada hoxe, non inclúe novas bases e se remite ás anteriores
“O Estado ten que ver realmente que con estas convocatorias non se están garantindo as compras no territorio, en local, as compras ás empresas galegas neste caso”, subliña
A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, recalcou hoxe a necesidade de que se revisen as convocatorias do Perte VEC para garantir que se dá prioridade aos provedores locais e que se mantén a contratación no territorio.A responsable da política industrial do Goberno galego referíase así, en declaracións aos medios, á terceira convocatoria do Perte VEC, publicada hoxe, da que censurou que non inclúe novas bases e se remite ás anteriores. “Temos que revisar as convocatorias que se están facendo. O Estado ten que ver realmente que con estas convocatorias non se están garantindo as compras no territorio, en local, as compras ás empresas galegas neste caso”, esgrimiu.Lorenzana volveu insistir no diálogo e en que o Ministerio de Industria e Turismo aborde estas cuestións co propio sector, coas comunidades que contan con industria da automoción en España e se garanta o mantemento non só das empresas tractoras, senón das pequenas, medianas e grandes empresas que tamén se teñen que ver beneficiadas dos fondos europeos. Neste contexto, apuntou que esta mesma semana a Xunta de Galicia convocou o programa de axudas por valor de 18M? para impulsar a competitividade da industria auxiliar do sector en Galicia e garantir que se manteñen as contratacións en Galicia.“Seguiremos por este camiño, pero é moi complicado cando o Estado non atende as demandas nin do sector, nin das comunidades autónomas” onde esta industria ten implantación, concluíu.
Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.
La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando