Xunta de Galicia

A Xunta reitera nun novo encontro o seu apoio aos mariscadores da ría do Burgo e lamenta a ausencia de representantes do Goberno central

A Xunta reitera nun novo encontro o seu apoio aos mariscadores da ría do Burgo e lamenta a ausencia de representantes do Goberno central

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

3 min lectura

A Conselleria do Mar está á espera de recibir o informe da asistencia técnica da confraría sobre o estado dos bancos unha vez que finalizaron os traballos de dragaxe o pasado mes de maio

O Estado aínda non remitiu o estudo da situación da ría, como require a declaración de impacto ambiental da obra, pese a que o prazo que outorgaba o citado documento venceu fai máis de quince días

O Goberno galego reclama ao Executivo estatal que cumpra cos seus compromisos adquiridos como promotores da dragaxe e que, segundo os profesionais, aínda ten pendentes o abono das compensacións aos profesionais correspondentes a este ano

A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Marta Villaverde, mantivo un novo encontro con representantes dos mariscadores afectados polas obras de dragaxe da Ría do Burgo á que non asistiron de novo representantes do Goberno central a pesar de estar convocados polos profesionais. Na xuntanza, Villaverde trasladou o apoio do Goberno galego ás demandas do sector para que o Estado cumpra coas súas obrigas como promotor da obra.A Consellería do Mar esta pendente da recepción do informe da asistencia técnica da confraría sobre o estado actual do bancos marisqueiros afectados polos traballos e que será a base sobre a cal elaborar un proxecto de rexeneración das zonas produtivas que será remitido ao Ministerio de Transición Ecolóxica e Reto Demográfico (Miteco) o cal se comprometeu co entidade a financialo. Nesta liña, a responsable autonómica trasladou a disposición da Xunta a colaborar en todo o necesario na súa tramitación.O Goberno galego segue agardando a que o Executivo central remita o estudo da situación actual da ría do Burgo, unha vez que finalizaron os traballos de dragaxe, en cumprimento do establecido na propia declaración de impacto ambiental do proxecto, que outorgaba un prazo dun máximo de dous meses que xa venceron fai máis de quince días. O documento recolle un estudo batimétrico e de natureza litolóxica da zona de actuación así como a caracterización da calidade dos sedimentos superficiais dos fondos da ría.A directora xeral insistiu en que o Estado debe cumprir cos seus compromisos adquiridos no proxecto e no seu estudo de impacto ambiental que sinala que as compensacións aos profesionais afectados se estenderán ata que os bivalvos acaden un tamaño comercial. Así lamentou que é algo que non se está a producir a día de hoxe xa que, segundo sinalaron os propios mariscadores, levan desde xaneiro sen recibir as axudas por parte do Goberno central a pesar de que os traballos non remataron ata o pasado mes de maio. Un incumprimento que se suma ás notables carencias nas sementerias de bivalvos realizadas “in extremis” sen respectar o marcado no propio proxecto de obra.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

17:00h | 27 nov 2024 | boletín