Xunta de Galicia

A Xunta xa repartiu máis de 22.000 composteiros domésticos en toda Galicia para fomentar a autoxestión dos residuos orgánicos

A Xunta xa repartiu máis de 22.000 composteiros domésticos en toda Galicia para fomentar a autoxestión dos residuos orgánicos

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

4 min lectura

A día de hoxe son case 470 as entidades adscritas a este programa, impulsado por Sogama hai máis dunha década e co que busca reducir a produción de lixo, minorar as emisións contaminantes e recuperar unha práctica tradicional ligada ao rural

O obxectivo é reciclar a materia orgánica en orixe para obter un abono de alta calidade que os participantes poden aproveitar nas súas hortas ou xardíns, ao tempo que se reducen os custos asociados á prestación deste servizo

Ademais de facilitar os medios materiais necesarios para facer compostaxe, persoal da empresa pública imparte cursos e charlas de formación dirixidos aos participantes

A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, a través de Sogama, repartiu xa de forma gratuíta máis de 22.000 composteiros entre as 468 entidades adheridas en toda Galicia ao programa de compostaxe doméstica que impulsou a empresa pública hai máis dunha década.Do total de entidades adscritas á iniciativa, coa que se busca promover a autoxestión da materia orgánica e dar a coñecer os seus beneficios ambientais, económicos e sociais, a maioría son concellos (228) e centros educativos (207) aínda que tamén hai 32 colectivos sociais, fundamentalmente asociacións.Cómpre subliñar que este programa é un claro exemplo da aposta do Goberno galego pola economía circular ao tempo que contribúe a reducir a produción de residuos, a minorar as emisións de CO

á atmosfera e, ademais, a recuperar unha práctica tradicional moi ligada ao modo de vida no rural galego.Neste sentido e dado que a materia orgánica representa ao redor do 37 % da composición media dunha bolsa de lixo tipo, coa recuperación en orixe evítase o seu depósito no contedor xenérico, o que permite que os servizos municipais poidan diminuír a frecuencia de recollida e transporte do lixo convencional co conseguinte aforro de custos, tanto en transporte como en xestión.Ademais, desde o punto de vista social tamén cómpre subliñar que contribúe a recuperar e poñer en valor unha práctica tradicional no rural galego como é a separación da materia orgánica para alimentar o gando ou mediante a súa transformación en compost, un abono natural con excelentes propiedades para plantas e cultivos, xa que achega nutrientes ao solo e mesmo o protexe fronte a pragas e enfermidades.A través dos concellos e de forma totalmente gratuíta, Sogama distribúe os recipientes para compostar, cunha capacidade de 400 litros e fabricados con materiais reciclados e reciclables, sendo a súa función propiciar que o proceso de autoxestión da materia orgánica se leve a cabo de forma cómoda, hixiénica e eficiente.Para isto, é necesario que as vivendas, escolas ou agrupacións participantes dispoñan de terreo ?horta, xardín ou terras de cultivo? no que poder aplicar o abono resultante, pechando así o ciclo de recuperación da materia orgánica nun claro exemplo de economía circular.Ademais de subministrar gratuitamente os composteiros, para que todas as entidades e persoas adheridas dispoñan da información e da formación necesarias para que o compost resultante cumpra cos estándares esixidos, Sogama encárgase tamén de editar material divulgativo de apoio con todos os pasos a seguir.Exemplo disto son os manuais didácticos que se entregan con cada composteiro e nos que se describe a técnica a levar a cabo: desde a propia localización do composteiro, que debe estar en contacto directo coa terra para facilitar a entrada dos microorganismos descompoñedores, ata a relación de materiais que deben e non deben depositarse no mesmo e o control de parámetros tales como o osíxeno, a temperatura e a humidade, que inflúen de forma decisiva no resultado final.Así mesmo, e en coordinación cos concellos e o resto de entidades adheridas, persoal de Sogama tamén imparte cursos de formación presenciais nos que se explica aos usuarios a operativa e as técnicas a aplicar, ademais de resolver as súas posibles dúbidas.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

17:00H | 25 NOV 2024 | BOLETÍN