Xunta de Galicia

A Xunta salienta a importancia da colaboración institucional na loita contra os incendios forestais durante a presentación da Operación Centinela 2024

A Xunta salienta a importancia da colaboración institucional na loita contra os incendios forestais durante a presentación da Operación Centinela 2024

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

3 min lectura

María José Gómez reiterou o compromiso do Goberno galego nestas tarefas e puxo en valor a aportación das Forzas Armadas co despregamento, financiado pola Consellería, dunha trintena de patrullas do Exército polos montes da comunidade

Destacou o papel dos militares nos labores de vixilancia e disuasión e trasladou que a súa presenza no territorio axuda a previr e minorar as consecuencias dos lumes

Puxo en valor os esforzos conxuntos das administracións en materia de prevención e defensa fronte os incendios e lembrou que este ano mobilizáronse, de novo, máis de 7.000 efectivos para esta finalidade, apoiados por unha trintena de medios aéreos

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, destacou hoxe a importancia da colaboración institucional na loita contra os incendios forestais e reiterou o compromiso da Xunta nesta tarefa. Na presentación da Operación Centinela 2024, Gómez puxo en valor a aportación das Forzas Armadas a estes labores, mediante o despregamento, financiado pola Consellería, dunha trintena de patrullas do Exército polos montes da comunidade autónoma, para realizar tarefas de vixilancia e disuasión.A conselleira estivo acompañada neste acto, desenvolvido na base aérea da Xunta no Campiño, en Pontevedra, polo director xeral de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez; o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva; o subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, e o xeneral da Brilat, Alfonso Pardo de Santayana, entre outras autoridades. Neste contexto, sinalou que “a loita contra o lume é cousa de todos, de todas as administracións e tamén da sociedade no seu conxunto”.En relación coa contribución do Ministerio de Defensa, a titular de Medio Rural salientou que “está comprobado que a presenza destes efectivos sobre o territorio axuda a previr e minorar as consecuencias dos incendios”. Nesta liña, puxo de relevo a súa “profesionalidade e bo facer” que, dixo, quedou evidenciada en campañas anteriores, ao tempo que amosou o seu convencemento de que esta nova operación será, unha vez máis, “un éxito”.A maiores, a conselleira puxo en contexto os esforzos conxuntos de todas as administracións en materia de prevención e defensa fronte os incendios. Así, lembrou que este ano mobilizáronse, de novo, máis de 7.000 efectivos para esta finalidade, apoiados por unha trintena de medios aéreos –entre autonómicos e estatais– e por preto de 380 motobombas –da Xunta e municipais–.En parecidos termos, Gómez puxo en valor as melloras tecnolóxicas introducidas nesta campaña pola Consellería, caso da adquisición de seis novas máquinas hidrostáticas polivalentes, que permiten facer tanto traballos preventivos como de extinción, a ampliación do número de cámaras de vixilancia ata chegar ás 177 en toda Galicia ou a instalación de móbiles, tablets e da aplicación informática Xeocode Lite (de xestión de información sobre lumes) nas motobombas do Servizo da Xunta.Asemade, cómpre lembrar a próxima entrada en funcionamento da base transfronteiriza de Verín–Oímbra e os labores de mantemento dos máis de 4.800 puntos de auga existentes en Galicia, así como a construción este ano de 44 novas infraestruturas deste tipo.Nesta liña, Gómez fixo especial fincapé no “factor humano” que está detrás de toda esta tecnoloxía. Louvou unha vez máis –con especial mención hoxe aos militares– “a profesionalidade de todos os integrantes do operativo”. Un persoal, que –trasladou– “fai do dispositivo galego un referente mesmo no plano internacional”.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

18:00H | 26 NOV 2024 | BOLETÍN