Xunta de Galicia

A Xunta urxe ao Goberno central a traspasar de inmediato as funcións e medios necesarios para que Galicia poida asumir a xestión da súa franxa costeira

A Xunta urxe ao Goberno central a traspasar de inmediato as funcións e medios necesarios para que Galicia poida asumir a xestión da súa franxa costeira

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

3 min lectura

Ángeles Vázquez lamenta que a pesar de contar co aval do Tribunal Constitucional á Lei de ordenación e xestión integrada do litoral, o Executivo de Sánchez segue sen dar ningún paso para avanzar no traspaso e pide que deixe de “perder máis o tempo”

Lembra que a comunidade galega leva case tres meses agardando a que se convoque a Comisión mixta de transferencias por parte do Executivo central

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, urxiu hoxe ao Goberno central a axilizar e facilitar o traspaso das funcións así como dos medios materiais e persoais necesarios para que Galicia poida asumir “de inmediato” e de forma efectiva a xestión da súa franxa costeira.Antes de participar en Santander nun curso da Universidad Internacional Menéndez Pelayo (UIMP) sobre adaptación ao cambio climático das cidades costeiras, a responsable autonómica lembrou que o pasado mes de abril o Tribunal Constitucional avalou por unanimidade a validez da Lei de ordenación e xestión integrada do litoral de Galicia (Loxilga) fronte ao recurso interposto polo Executivo central contra a norma.Tras esta sentenza, que segundo explicou Ángeles Vázquez recoñece a competencia exclusiva da comunidade sobre o seu litoral e sobre os usos e actividades que pode acoller, a Xunta iniciou de inmediato os trámites para solicitar o traspaso de funcións e medios para a xestión costeira a través da Comisión mixta de transferencias.Sen embargo e pese á insistencia do executivo autonómico nos últimos meses, a conselleira lamentou que ata o de agora non se producira ningún avance e que a última comunicación oficial recibida por parte do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, o pasado 26 de xullo, non concrete nin aclare nada sobre o traspaso ou os prazos que manexa para facelo efectivo.Esta actitude por parte do Goberno central, considerou, está a dificultar a aplicación da Loxilga, que xa estivo parada durante seis meses polo recurso interposto polo Estado. Por iso, reclamou ao Executivo de Pedro Sánchez lealdade e respecto institucional nun asunto crucial para a comunidade que ten máis quilómetros de costa e exixiu que faga canto antes a transferencia efectiva dos medios en lugar de seguir “perdendo máis o tempo” debido á “descoordinación” entre uns departamentos e outros.Así, animou ao resto de gobernos autonómicos interesados en lexislar neste eido a seguir “os pasos que deu Galicia”, partindo sempre “dunha base científica” que permita abordar a regulación costeira con claridade e seguridade xurídica.Neste sentido, Ángeles Vázquez subliñou que a Loxilga, aprobada hai un ano, é unha ferramenta fundamental nas políticas da Xunta fronte ao cambio climático. Unha tese que defenderá hoxe, precisamente, durante a súa intervención na mesa redonda

, onde exporá como a Loxilga ofrece un marco de seguridade xurídica para emprender accións efectivas para a xestión sostible da franxa litoral urbana de Galicia.Acompañada polo conselleiro de Fomento, Ordenación do Territorio e Medio Ambiente do Goberno de Cantabria, Roberto Media, a alcaldesa de Santander, Gema Igual, e a rexedora de Valencia, María José Catalá, Ángeles Vázquez incidirá tamén no liderado asumido por Galicia na xestión integral do litoral, sendo a primeira comunidade en regular por lei a costa en toda a súa extensión.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Programas

Último boletín

17:00H | 25 NOV 2024 | BOLETÍN