PONTEVEDRA

"O modelo Pontevedra ten que evolucionar, deixar de pensar tanto no cemento e recuperar os espazos naturais"

O concelleiro e candidato ás primarias socialistas, Iván Puentes, explica a súa estratexia para conectar ós cidadáns cos ríos Lérez, Gafos e Valdecorvos e a Xunqueira de Alba

00:00

Entrevista a Iván Puentes, concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural

Redacción digital

Madrid - Publicado el - Actualizado

1 min lectura

"

". O concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural, Iván Puentes, presentou en

a súa estratexia para renaturalizar os ríos de Pontevedra, conectar o espazo urbano co contorno natural, e en especial co Lérez, e converter a este concello, tamén, en referente internacional en infraestrutura verde, restauración de ríos e loita contra o cambio climático. Un proxecto que se traducirá nunha vintena de actuacións, moitas delas en marcha e financiadas con fondos propios e procedentes de Europa, que suman uns 20 millóns de euros e que se enmarcan baixo a marca paraugas

.

Un plan que ten diferentes niveis de concreción. Así, actuarase na Illa das Esculturas, un espazo xa moi recuperado, pero cunha ribeira non accesible e artificial; no treito que discorre polas inmediacións do Pazo da Cultura (onde se celebra actualmente o mercadillo ambulante), con dúas intervencións planificadas, que son

(con traballos que se iniciarán nas vindeiras semanas) e a creación dunha zona de relax vencellada ao Lérez; no contorno do Pavillón Municipal dos Deportes, onde se combinará o actual uso de aparcadoiro, optimizando un estacionamento que se atopa en condicións estéticas e ecolóxicas moi mellorables, con dous tratamentos: un máis próximo á ribeira do río, creando

, e outro na zona máis próxima ao Pavillón, renaturalizando o aparcadoiro cun ámbito permeable que permita a filtración de auga de choiva e amplas zonas de sombra e arborado (integrando ese espazo, hoxe inhóspito, no perímetro verde do Lérez), e no contorno da Xunqueira de Alba e o nó de Bombeiros, onde se renaturalizará a ribeira e se integrarán as instalacións de Costas e doutras administración no grande espazo verde da Xunqueira do Alba (un camiño que xa iniciou a Deputación co traslado da Imprenta e do Parque de Maquinaria).

Escucha en directo

En Directo COPE PONTEVEDRA

COPE PONTEVEDRA

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

12:00H | 26 DIC 2024 | BOLETÍN