Unha melodía máxica para "atraer" aos futuros talentos da música lucense

O CMUS Xoán Montes de Lugo acolleu a representación dun conto musical dirixido ao alumnado de Primaria, co obxectivo de fomentar a matrícula no centro

Video thumbnail
00:00

Redacción COPE Lugo

Lugo - Publicado el - Actualizado

1 min lectura

Nestes últimos días do mes de abril, o profesorado do Conservatorio Profesional de Música Xoán Montes de Lugo organizou a representación dun conto musical dirixido ao alumnado dos primeiros cursos de Primaria, co obxectivo de fomentar a matrícula no centro de cara ao vindeiro curso 2024-2025.

O conto, titulado Khalaára e a melodía misteriosa, foi escrito e musicado polo compositor Julio Montero, docente do conservatorio lucense, e contou coa colaboración doutro profesor do centro, José Ramón Saborido, para a súa adaptación ao galego.

00:00
Julio Montero, compositor: Queremos que los niños descubran un mundo nuevo de sonidos

-

Unha actuación "coral"

Na representación desta historia musicada participaron os mestres Borja Durán e Alfredo López ao piano; Tamara Santamariña ao acordeón; Martirio Domenech á percusión; José Ramón Saborido ao clarinete baixo; Iván Martínez Sabio ao clarinete; Tania Ramos ao óboe; Pablo Coria á frauta; Maika Novoa ao violonchelo; Ángeles Nogueira ao violín; e Flavio Sedano á viola e tamén como director musical do conxunto.

Asemade, os nenos e nenas participantes puideron gozar da maxia da ilusionista Lore Lavand e da narración do xornalista Baruk Domínguez, redactor de COPE Lugo.

Seis colexios participantes

Nas catro sesións que organizou o conservatorio lucense participaron un total de seis colexios, cinco da cidade de Lugo -CEIP As Mercedes, CEIP Illa Verde, CEIP Plurilingüe Benigno Quiroga Ballesteros, CEIP Rosalía de Castro e Colegio Diocesano María Auxiliadora- e un de Portomarín -CEIP Plurilingüe Virxe da Luz-.

Desde a dirección do centro non descartan facer novas representacións do conto musicado, que poderían estar dirixidas ao alumnado do propio conservatorio ou ao público en xeral.

00:00
Final de la actuación del profesorado del CMUS Xoán Montes con Lore Lavand y Baruk Domínguez

-

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

18:00H | 21 NOV 2024 | BOLETÍN