A raza rubia galega toca teito: adxudicada unha xovenca en Lugo por 7.000 euros

É a cotización "máis alta da historia" nunha poxa organizada pola asociación de criadores (ACRUGA), coa colaboración da Deputación Provincial de Lugo

00:00

Pagan 7.000 euros por unha xovenca de raza rubia galega, o prezo máis alto da historia

José Luis Ramudo

Lugo - Publicado el - Actualizado

1 min lectura

Celebrouse esta fin de semana a XI Poxa de Gando Vacún Selecto de Raza Rubia Galega, organizada pola asociación de criadores (Acruga), en colaboración coa Deputación Provincial de Lugo. Para esta cita, que reuniu a numerosos gandeiros, a institución provincial presentou 12 animais do centro de recría da Granxa Gayoso Castro, ubicado en Castro de Ribeiras de Lea -no concello de Castro de Rei-.

A cotización dos animais de Raza Rubia Galega volvía a tocar teito nesta subasta. As reses de raza autóctona da Deputación vendéronse a un prezo medio de 3.116 euros, e, por primeira vez, adxudicouse unha xovenca preñada por 7.000 euros a un gandeiro de Castroverde.

"Esta foi a cotización máis alta da historia e tamén a poxa máis longa de todas as que se recordan", informou a Deputación de Lugo nun comunicado.

AUTORIDADES

O deputado de Medio Ambiente, Carlos López, e o deputado de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento, Miguel Fernández, asistiron este sábado, xunto ao presidente da Asociación Nacional de Criadores de Gando Vacún Selecto de Raza Rubia Galega (ACRUGA), César Dorado Pin, e outras autoridades, á XI poxa de Gando Vacún Selecto de Raza Rubia Galega que tivo lugar no recinto feiral de Adai, no Concello do Corgo.

Programas

Último boletín

04:00H | 22 DIC 2024 | BOLETÍN