As cifras da sanidade pública: ¿Sabes canto costa a limpeza dos hospitais de Lugo?

A Xunta autorizou a contratación para dous anos do servizo de limpeza do HULA e do Hospital de Calde, cun orzamento de licitación de case 17,6 millóns de euros 

HULA
00:00
Ramudo

O Sergas saca a licitación a limpieza do HULA e do Hospital de Calde por un importe que supera os 17,5 millones de euros en dous años

José Luis Ramudo

Lugo - Publicado el - Actualizado

1 min lectura

O Consello da Xunta autorizou a contratación, por parte do Servizo Galego de Saúde (Sergas), do servizo de limpeza, desinfección e xestión de residuos do Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) e do Hospital de Calde, cun orzamento base de licitación de 17.590.222,14 euros para dous anos.

O novo contrato contempla un incremento dun 28,8% con respecto á licitación anterior motivado, entre outros factores, polo aumento das retribucións do persoal e o incremento por carreira profesional e antigüidade correspondente ao novo período

Ademais, aumenta o número de profesionais para cumprir coa redución da xornada laboral -a 35 horas semanais- como todo o persoal do Servizo Galego de Saúde. Tamén aumentará o número de traballadores en plantilla, polo incremento das zonas que hai que limpar. 

A área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, por eficiencia, inclúe neste contrato a limpeza de zonas exteriores, que ata o de agora se realizaba de forma independente.

O novo contrato tamén contempla a limpeza nas zonas exteriores do HULA

Ramudo

O novo contrato tamén contempla a limpeza nas zonas exteriores do HULA

limpeza DO heliporto e DO aparcadoiro do persoal

Polo tanto, os pregos contemplan a limpeza da zona do heliporto e o aparcadoiro de persoal do HULA. Tamén o borrado de posibles grafitis e a retirada de carteis non autorizados.

Ademais, mantense a limpeza interior dos hospitais cos procedementos a seguir para garantir a calidade e a especialización que require este traballo, en liña coa importancia do propio proceso asistencial que se leva a cabo nos centros sanitarios.

O contrato autorizado polo Consello da Xunta recolle a posibilidade de ser prorrogado por dous anos máis, elevándose neste caso o orzamento estimado a 35,1 millóns de euros.

Temas relacionados

Escucha en directo

En Directo COPE LUGO

COPE LUGO

En Directo COPE MÁS LUGO

COPE MÁS LUGO

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

11:00H | 25 FEB 2025 | BOLETÍN