Asociación Intelecto organiza o seu evento anual en Lugo para familias con Altas Capacidades e outras neurodiverxencias
Este sábado 22 de marzo o salón de actos da UNED acolle unha xornada dedicada á inclusión e ao acompañamento educativo destes nenos e nenas

Ramón García, presentador e membro da Asociación Intelecto
Lugo - Publicado el - Actualizado
2 min lectura
Un día de formación e reflexión sobre as Altas Capacidades
O evento terá lugar no Salón de Actos da UNED Lugo, e contará cun completo programa formativo que incluirá intervencións de especialistas no ámbito educativo e emocional. As actividades comenzarán ás 9:15 h cunha acreditación de asistentes, seguidas pola presentación do acto ás 9:45 h. O mestre presentador, Ramón García, educador, pedagogo e membro da Asociación Intelecto, comenta que o acto está "dividido entre obradoiros de enriquecemento en diferentes temáticas para nenos mentres os pais reciben charlas formativas sobre diferentes temas como as altas capacidades".
A primeira mesa redonda, que se celebrará de 10:00 a 12:00 h, contará coa participación de Rafa Dávila, orientador e especialista en Altas Capacidades, e Ana Gloria Sánchez, psicóloga experta neste ámbito. Ambos expertos abordarán a inclusión do alumnado con AACC no sistema educativo e na sociedade, así como as principais preguntas e inquedanzas das familias e dos centros educativos.

Evento de Altas Capacidades na UNED de Lugo
Tras un descanso-café de 12:00 a 12:30 h, a xornada continuará cunha intervención de Leticia Garcés, pedagoga e especialista en parentalidade positiva e educación emocional. A súa charla, que se desenvolverá de 12:30 a 14:00 h, centrarse no acompañamento educativo familiar e a importancia dunha parentalidade positiva.
Obradoiros para nenos e servizo de conciliación
Ademais das charlas e mesas redondas, o evento ofrecerá obradoiros pensados para nenos e adolescentes con Altas Capacidades, así como un servizo de conciliación para que os pais e nais poidan participar sen preocupacións. Tamén haberá un espectáculo a cargo de Barafunda Animación chamado "Globo tolo".
Con máis de 200 persoas inscritas, entre adultos e nenos, este evento ocupará varias plantas do edificio da UNED Lugo, grazas á colaboración desta institución e da Consellería de Educación da Xunta de Galicia.
Unha Asociación comprometida coa inclusión
Este evento anual é só unha das moitas actividades que a Asociación Intelecto organiza ao longo do ano. A asociación traballa de forma constante para mellorar a calidade de vida das familias con Altas Capacidades e outras neurodiverxencias, ofrecendo apoio, formación e recursos a través de diversas iniciativas que tamén se poden consultar na súa páxina web.
Contacto
Para máis información, pode contactar coa Asociación Intelecto a través do teléfono 676044984, do correo electrónico asointelecto@gmail.com ou na súa páxina web: asociacionintelecto.webador.es