Problemas para subirse ao bus en Lugo: "Impuntualidade, frecuencias inadecuadas e pantallas de información que non funcionan"
A concelleira popular Mar Carballas asegura tamén que os buses urbanos da cidade son só ecolóxicos "de pegatina"

A concelleira Mar Carballas (PP) denunciou as supostas eivas do transporte local en Lugo
Lugo - Publicado el - Actualizado
2 min lectura
O Partido Popular denunciaba este luns, segundo explicou a concelleira Mar Carballas en base ás queixas que reciben por parte dos propios usuarios, as múltiples eivas que pretende o sistema de transporte público na cidade de Lugo, o que ao seu xuizo fai que sexa ineficiente e pouco cómodo para os veciños que realmente precisan do bus urbano para desprazarse.
- Entre outras carencias, a concelleira do Partido Popular denuncia as seguintes carencias:
- Incumprimento de horarios e impuntualidade: "Hai liñas con atrasos constantes e mesmo autobuses que non chegan a pasar. Moitos usuarios, especialmente estudantes e traballadores, ven afectada a súa rutina diaria pola falta de fiabilidade do servizo".
- Problemas de información: "A web buslugo.com non fai seguimento das liñas, os paneis informativos das marquesiñas dan erros con frecuentemente ou non funcionan e, en situacións excepcionais como folgas, os usuarios quedan sen avisos claros".
- Frecuencias inadecuadas: "As liñas non se adaptan ben ás necesidades reais da cidade, sendo necesario axustar os horarios, especialmente nas horas punta, para facilitar a mobilidade".
- Accesibilidade e estado do servizo: "Marquesiñas en mal estado, fallos na flota de autobuses e dificultades para persoas con mobilidade reducida son algunhas das deficiencias que se deberían corrixir".

Mar Carballas, en rueda de prensa
Autobuses ecolóxicos "só de pegatina"
"O BNG presume de mobilidade sostible, pero a realidade é moi distinta. Presentaron como un gran avance os autobuses híbridos que funcionan con Gas Licuado de Petróleo (GLP), pero a verdade é que non hai infraestrutura para que operen como vehículos ecolóxicos", dixo a concelleira do Partido Popular.
Nese senso, explicou "que hoxe en día, en Lugo hai 22 autobuses urbanos, dos cales só 5 poden repostar GLP. O caso é que o depósito que teñen é de apenas 15 litros, cando o consumo diario real de cada autobús está entre 80 e 90 litros".
Ademais, "non hai surtidor de GLP na empresa concesionaria, polo que estes autobuses só enchen este depósito cando pasan a ITV". Polo tanto, engadíu, "estes vehículos funcionan como calquera outro autobús diésel, facendo que a suposta aposta ecolóxica do BNG sexa só propaganda".
A concelleira popular Mar Carballas concluía que “se realmente queren mobilidade ecolóxica, que poñan os medios para facela posible."
o hospital de calde, sen servizo
A popular tamén lamentou que nos orzamentos deste 2025 tan só se reserve unha partida de 20.000 euros para a posta en servizo do taxi a demanda, porque ao seu xuizo "é claramente insuficiente”. Lembrou que hai servizos públicos como o Hospital de Calde, que non ten conexión de autobús.