Xunta de Galicia

Belén do Campo supervisa o inicio das obras de mellora do firme na estrada AC-550, ao paso polo concello de Outes

Belén do Campo supervisa o inicio das obras de mellora do firme na estrada AC-550, ao paso polo concello de Outes

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

3 min lectura

O obxectivo é rehabilitar a capa de rodaxe desta estrada autonómica, no tramo comprendido entre os puntos quilométricos 60+200 e 68+000

Para desenvolver estes traballos será necesario o corte de carril no punto no que se estea a intervir, dando tráfico alternativo polo outro carril

Esta actuación forma parte do contrato de reforzo do firme en 7 vías autonómicas ao seu paso por 10 concellos da provincia da Coruña, cun investimento de 3,6 M?

Nesta semana tamén comezaron as obras de mellora do pavimento na estrada AC–303, no seu transcurso por Ribeira

O Goberno galego continúa a traballar para manter as vías de titularidade autonómica nas mellores condicións e para garantir a seguridade viaria aos usuarios

A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, xunto a directora territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, Mª Begoña Freire, supervisou esta mañá as obras de mellora do firme na estrada AC–550, ao seu paso polo concello de Outes. O obxectivo é rehabilitar a capa de rodaxe desta estrada autonómica, no tramo comprendido entre os puntos quilométricos 60+200 e 68+000, no municipio de Outes.Para desenvolver estes traballos será necesario o corte de carril no punto no que se estea a intervir, dando tráfico alternativo polo outro carril.As tarefas consistirán en realizar fresados localizados nos treitos de actuación e na reposición con mestura bituminosa en quente, segundo as necesidades concretas das vías obxecto destas intervencións.As actuacións completaranse co pintado da sinalización horizontal dos treitos de actuación de todas as estradas e a reposición dos treitos de barreira de seguridade que sexa preciso.As obras terán unha duración de sete días laborables.Esta intervención forma parte forma parte do contrato de acondicionamento do firme en 7 estradas de titularidade autonómicas ao seu paso por 10 concellos da provincia da Coruña, cun investimento de máis de 3,6 M?.De xeito máis concreto, este contrato, que conta cun prazo de execución de 6 meses, inclúe a rehabilitación da capa de rodaxe das estradas AC–300, AC–303, AC–406, AC–432, AC–546, AC–550 e AC–552, que discorren polos concellos da Baña, Brión, Negreira, Vimianzo, Padrón, Ribeira, Rois, Santa Comba, Val do Dubra e Outes.Neste sentido, cómpre lembrar que esta semana tamén comezaron as obras de mellora do pavimento na estrada AC–303, no seu transcurso por Ribeira.O Goberno galego continúa a traballar para manter as vías de titularidade autonómica nas mellores condicións e para garantir a seguridade viaria aos usuarios.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

11:00H | 26 NOV 2024 | BOLETÍN