Xunta de Galicia

As comunidades acordan reforzar as medidas para a detección e control da varíola do mono, que Galicia ten intensificado xa nos últimos días

As comunidades acordan reforzar as medidas para a detección e control da varíola do mono, que Galicia ten intensificado xa nos últimos días

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

3 min lectura

A Consellería de Sanidade comezou a recaptación de 549 persoas vacinadas cunha única dose

Galicia aumentará o control para interromper a transmisión e reforzará a capacidade diagnóstica para incluír a identificación dos clados nos casos confirmados

Os centros de vacinación internacional dos hospitais galegos farán unha avaliación do risco caso por caso segundo o tipo de viaxe para informar sobre a enfermidade

En Galicia no que vai de ano só foron confirmados seis casos de varíola do mono

Galicia acordou, xunto ao resto de comunidades autónomas e o Ministerio de Sanidade, no marco da Comisión de Saúde Pública, reforzar a información e as medidas para a detección e control da varíola do mono (mpox), tal e como se leva realizando xa nos últimos días desde a Consellería de Sanidade.A directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán, confirmou que Galicia está a intensificar a vixilancia epidemiolóxica de mpox, así como o seu control e prevención primaria a través da vacinación dos contactos estreitos e grupos de risco. Ata o de agora, a Consellería de Sanidade vacinou 1.420 persoas, das que 871 completaron a pauta con dúas doses. Neste sentido, comezouse a recaptar ás 549 persoas que contan só cunha dose para proceder á administración da segunda.Sobre vacinación, a directora xeral requiriu información ao Ministerio sobre as vacinas dispoñibles e cando as recibirían as comunidades autónomas. Outra solicitude do Goberno galego á que accedeu o Ministerio é informar sobre a varíola do mono nos lugares onde se reciben viaxeiros, como é o caso dos aeroportos.Outra das medidas que a Administración galega xa puxo en marcha é a intensificación da información a profesionais e á cidadanía. Os centros de vacinación internacional dos hospitais galegos, especialmente no caso de viaxeiros a zonas afectadas pola varíola do mono, farán unha avaliación do risco caso por caso segundo o tipo de viaxe para realizar as recomendacións oportunas sobre a enfermidade.Ademais, a Xunta xa reforzou a capacidade diagnóstica para incluír a identificación de clados desta enfermidade nos casos confirmados co obxectivo de caracterizalos e detectar posibles cambios na dinámica do virus.A Dirección Xeral de Saúde Pública transmite tranquilidade á cidadanía galega xa que na nosa comunidade só foron detectados seis casos de mpox no que levamos de ano.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

12:00H | 06 NOV 2024 | BOLETÍN