Xunta de Galicia

María José Gómez compromete un impulso ás razas autóctonas como oportunidade para coidar o territorio

María José Gómez compromete un impulso ás razas autóctonas como oportunidade para coidar o territorio

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

A titular da Consellería do Medio Rural visitou hoxe unha explotación de vacún de carne no concello lucense de Quiroga, onde sinalou o “impacto positivo” que ten sobre o terreo este tipo de gandaría, que tamén axuda como prevención ante os incendios forestais

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, realizou esta mañá unha visita á explotación de vacún de carne “Mario Nogueira”, situada no concello lucense de Quiroga, onde comprometeu un impulso ás razas autóctonas, que se presentan como unha oportunidade para coidar o territorio.Gómez afirmou que a Consellería do Medio Rural seguirá a traballar neste eido, apostando pola gandaría, “que é un claro aliado da conservación e coidado do territorio” e por conservar e protexer as razas autóctonas galegas. Neste sentido, sinalou o “impacto positivo” que teñen sobre o terreo este tipo de explotacións nas que “os animais aproveitan os pastos, limpan e enriquecen os nosos montes” favorecendo un rural coidado e produtivo que actúa como “cortalume natural”, destacou.Nesta liña, cómpre lembrar a aposta do Goberno autonómico plasmada no Plan preventivo, integrado no Plan de prevención e defensa contra os incendios Forestais de Galicia (Pladiga), dotado cun orzamento de máis de 41 millóns de euros, e que contempla a xestión de 5.000 hectáreas a través da gandaría en extensivo como alternativa ao uso de maquinaria. “Mario Nogueira” é unha explotación de reprodución para a produción de carne con máis de 200 cabezas de gando, na que a meirande parte dos animais son vacas cachenas, unha das seis razas autóctonas orixinarias da nosa comunidade. Trátase dunha gandaría que produce á vez que fomenta a preservación da biodiversidade a través da aposta por estas razas.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Programas

Último boletín

18:00H | 12 SEP 2024 | BOLETÍN