Xunta de Galicia

María José Gómez pon de relevo a produción vitivinícola galega na inauguración das novas instalacións da cooperativa Condes de Albarei

María José Gómez pon de relevo a produción vitivinícola galega na inauguración das novas instalacións da cooperativa Condes de Albarei

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

3 min lectura

A titular da Consellería do Medio Rural asistiu hoxe a este evento, que contribuirá a “seguir afondando na produción de viño de calidade”

Tamén recoñeceu a aposta pola calidade que leva a cabo esta cooperativa da Denominación de Orixe Rías Baixas, así como todos os consellos reguladores, adegas, viticultores e socios que producen viño baixo os diferentes distintivos

A conselleira lembrou que vén de publicarse a convocatoria de achegas de 2025 para a promoción e comercialización dos produtos vitivinícolas en terceiros países, dotadas cun orzamento de 1,7 millóns de euros

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Agustín Guerrera, asistiu esta tarde á inauguración das novas instalacións da Cooperativa Condes de Albarei, situadas no concello pontevedrés de Cambados. Alí, María José Gómez puxo en valor a importancia da produción vitivinícola galega e asegurou que as novas instalacións da cooperativa, en cuxa reforma contou coa colaborou do Goberno galego, “axudarán a seguir afondando na produción de viño de calidade”.De seguido, aproveitou a ocasión para dar os parabéns a todas as persoas que contribuíron a converter Condes de Albarei nunha “adega de referencia” con algo máis de tres décadas de historia e cunha produción anual de tres millóns de botellas de viño.A titular do Medio Rural recoñeceu a aposta pola calidade que leva a cabo esta cooperativa da Denominación de Orixe Rías Baixas, así como por parte de todos os consellos reguladores, adegas, viticultores e socios que producen viño baixo os diferentes distintivos de calidade diferenciada, e que se traduce nun “compromiso con Galicia”. Gómez fixo fincapé en que o labor conxunto contribúe a consolidar a comunidade como un referente internacional na produción de viño.O sector vitivinícola constitúese como un dos piares da economía galega, polo que “é a nosa responsabilidade como Goberno impulsar este eido”, asegurou Gómez. Neste sentido, sinalou as diferentes liñas de achegas postas en marcha dende a Consellería do Medio Rural, como as axudas para a reestruturación e reconversión de viñedo ou para a elaboración e comercialización de produtos vitivinícolas.Seguindo esta liña, a conselleira lembrou que vén de publicarse a convocatoria de achegas de 2025 para a promoción e comercialización dos produtos vitivinícolas en terceiros países, dotadas cun orzamento de 1,7 millóns de euros. En conxunto, estas axudas supuxeron máis de 40 millóns de euros por parte do Goberno autonómico nos últimos anos, aos que cómpre engadir algo máis de 10 millóns de investimento tan só neste 2024.María José Gómez afirmou que o compromiso da Xunta con este eido é “notorio e constante”, sempre tendéndolle a man ao sector e adaptándose ás novas demandas dos produtores. Neste sentido, referiuse á recente incorporación da variedade “Ratiño Gallega” á listaxe de uvas admitidas para a elaboración de viño Rías Baixas, logo de que o solicitara o consello regulador desta denominación de orixe.A maiores, tamén destacou a Estratexia de dinamización económica, territorial e turística das comarcas vitivinícolas, deseñada co fin de seguir potenciando este eido como unha panca de desenvolvemento económico deste sector.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

17:00H | 6 NOV 2024 | BOLETÍN