Xunta de Galicia

O sistema de resonancias móbiles do Servizo Galego de Saúde realizou preto de 16.000 probas nos seis primeiros meses do ano

O sistema de resonancias móbiles do Servizo Galego de Saúde realizou preto de 16.000 probas nos seis primeiros meses do ano

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

3 min lectura

O servizo facilita o acceso á poboación destes equipos e da especialización do seu persoal, achegando axilidade diagnóstica aos pacientes

O sistema tamén ten unha importante compoñente ambiental ao evitar os desprazamentos dos pacientes aos hospitais de referencia, permitindo o aforro de preto de 2.500 toneladas de CO2 nos seus 18 anos de funcionamento

O sistema de resonancias móbiles do Servizo Galego de Saúde realizou preto de 16.000 probas nos seus primeiros meses de ano. Así, ata o 30 de xuño fixéronse un total de 15.901 probas a 13.404 pacientes grazas a este modelo asistencial, pioneiro e único no sistema sanitario público de España, en marcha desde 2006 nos hospitais comarcais galegos. O sistema de resonancias móbiles da Unidade de Diagnóstico por Imaxe do Servizo Galego de Saúde presta servizo a todos os hospitais comarcais de Galicia e tamén apoio aos centros con resonancia fixa, como son os hospitais de Vigo, Pontevedra, A Coruña e Lugo.Este modelo asistencial facilita a accesibilidade á técnica e unha maior equidade na atención aos pacientes, destacando ademais, a elevada especialización do seu persoal e a posibilidade de realizar todo tipo de estudos, con radiólogos sub–especializados nos estudos das diferentes áreas anatómicas.Este servizo foi pioneiro no emprego da tele–radioloxía, colaborando cos radiólogos dos centros e en estreita colaboración cos facultativos que solicitan as exploracións.Actualmente tamén emprega a intelixencia artificial para a adquisición de imaxes de resonancia, reducindo o tempo de estudo e aumentado a calidade da imaxe. Todos os equipos móbiles dos que dispón o servizo son de alto campo para asegurar a calidade da exploración e teñen o máximo diámetro do imán (70 cms.) do mercado para permitirlle unha maior comodidade ao paciente.Á parte das vantaxes que ofrece a resonancia magnética na práctica clínica con importantes avances no diagnóstico, destacan as súas vantaxes no plano da sustentabilidade ante o reto do cambio climático.A posta en funcionamento do servizo de resonancias móbiles, hai 18 anos, permitiu aforrar máis de 32 millóns de quilómetros en desprazamentos aos pacientes aos seus hospitais de referencia e un aforro de preto de 2.500 toneladas de CO2.As 15.901 probas realizadas en toda Galicia nos seis primeiros meses do ano grazas aos equipos de resonancia móbiles teñen a seguinte distribución: realizáronse un total de 1.770 probas a 1.512 pacientes do Hospital Comarcal do Barbanza; 1.141 resonancias a 894 persoas no Hospital da Mariña, en Burela; no Hospital de Monforte de Lemos, 1.463 resonancias a 1.143 pacientes; 1.398 probas a 1.125 pacientes do Hospital Comarcal do Salnés; 1.667 probas a 1.417 pacientes no Hospital do Barco de Valdeorras; 1.417 resonancias a 1.206 pacientes no Hospital de Verín; e no Hospital de Cee leváronse a cabo 1.446 resonancias a 1.239 pacientes.Os datos do apoio destas unidades móbiles aos centros con resonancia fixa deixan un resultado, a data de 30 de xuño, de 2.115 resonancias realizadas a 2.042 pacientes en Vigo; en Pontevedra, 1.087 resonancias a 935 pacientes; 1.721 resonancias realizadas a 1.291 pacientes en Lugo; e 676 resonancias a 600 pacientes no caso da Coruña.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados