Xunta de Galicia

A Xunta activa o convenio con Farmamundi para atender as necesidades básicas da poboación desprazada en Ucraína

A Xunta activa o convenio con Farmamundi para atender as necesidades básicas da poboación desprazada en Ucraína

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

Contribúese ao funcionamento de aloxamento temporal co aprovisionamento de alimentos, artigos de hixiene e outros materiais básicos

O Goberno galego achega 6.000 euros coa previsión de cubrir durante nove meses as necesidades de 120 persoas

A Xunta activou o convenio con Farmamundi para a posta en marcha dunha intervención de emerxencia para a provisión de aloxamento seguro e satisfacer as necesidades básicas da poboación desprazada internamente en Ucraína pola ofensiva rusa na rexión de Poltava. Destínanse 6.000 euros co obxectivo de chegar durante nove meses a 120 persoas, 70 mulleres e 50 menores.Farmamundi pon en marcha a intervención en colaboración co seu socio local Gender Bureau, que xestiona un aloxamento temporal na zona. A través do aprovisionamento de alimentos, de artigos de hixiene e doutros materiais básicos contribúese ao mantemento deste espazo, satisfacendo as necesidades básicas das persoas alí desprazadas.Dende o ano 2009 ata agora asináronse convenios anuais de resposta ante emerxencias coa organización Farmamundi por máis de 1 millón de euros, incluíndo a contía do convenio deste ano no que se enmarca esta actuación en Ucraína.O obxectivo desta colaboración constante é realizar as actuacións que ambas as partes establezan, de cara a atender as necesidades máis urxentes das poboacións afectadas por catástrofes de orixe natural ou humano, con especial énfase nos colectivos máis vulnerables, mediante a provisión inmediata de bens e servizos esenciais para a supervivencia (auga, abrigo, medicamentos, atención sanitaria ou outro material de primeira necesidade) e paliar o sufrimento das poboacións afectadas por crises de longa duración e desequilibrios crónicos e estruturais, con énfase en países e poboacións de menor Índice de Desenvolvemento Humano (IDH).

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

17:00H | 6 NOV 2024 | BOLETÍN