Xunta de Galicia
A Xunta aproba as axudas para máis dunha trintena de proxectos de cooperación exterior por case 6 M?
Publicado el - Actualizado
2 min lectura
O Goberno galego vén de publicar a resolución coas axudas a 28 iniciativas de organizacións non gobernamentais e outros catro proxectos doutros axentes
Financiaranse proxectos en países como Bolivia, Guatemala, República Dominicana, Honduras, Guinea Bissau, Serra Leona, Nicaragua, Mozambique, Perú ou Ecuador
A Xunta vén de facer pública na web da
a resolución da convocatoria de subvencións destinada a execución de proxectos de cooperación para o desenvolvemento. En total, serán 32 os proxectos financiados cun orzamento de case 6 millóns de euros: 28 de ONGD por unha contía de máis de 5,2 millóns de euros e os catro restantes corresponden a iniciativas doutros axentes apoiadas cun montante de 700.000 euros.A través desta convocatoria de axudas, financiaranse programas de actuación en distintos puntos de Bolivia, Guatemala, República Dominicana, Honduras, Guinea Bissau, Serra Leona, Nicaragua, Mozambique, Perú ou Ecuador. Os proxectos abordarán iniciativas en materia de mellora da saúde, da educación, da soberanía alimentaria, da xestión de recursos hídricos, do empoderamento feminino, da loita contra a violencia de xénero, ou dos dereitos humanos, entre outros.Así, todas as actuacións estarán destinadas a favorecer o desenvolvemento integral dos países de intervención, contribuír á mellora das condicións de vida dos seus habitantes, e aliviar e corrixir as situacións de pobreza para acadar un desenvolvemento humano solidario.A convocatoria ten un carácter plurianual, polo que as accións desenvolveranse entre este ano e o 2025. O financiamento total das axudas ascende a case 6 millóns de euros, distribuído nestas dúas anualidades. A diferencia de convocatorias anteriores, as subvencións distribúense cun 35% en 2024 e un 65% en 2025. En concreto, cunha dotación de 2,1 millóns neste ano e os 3,9 millóns restantes reservanse para 2025. Ademais, como novidade, poderase solicitar o anticipo para a segunda anualidade cunha porcentaxe de execución da primeira anualidade do 75%, cando anteriormente se esixía o 100%.Ademais, permitirase presentar a documentación xustificativa nun prazo de tres meses desde que finalicen as actividades subvencionadas e poderá ampliarse o período de execución dos proxectos de tres a seis meses. Estas modificacións resultan da adaptación da nova Lei 10/2021, reguladora da acción exterior e da cooperación para o desenvolvemento da comunidade.
Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.
La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando