Xunta de Galicia

A Xunta convocará un concurso de ideas para o desenvolvemento do entorno do Pazo de Dona Urraca

A Xunta convocará un concurso de ideas para o desenvolvemento do entorno do Pazo de Dona Urraca

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

4 min lectura

Coa compra hoxe do edificio número 19 da Rúa Miño, a Administración autonómica completa a mazá da Unidade de Intervención 8 na que se sitúa o Pazo de Dona Urraca, e inicia as actuacións para abordar o desenvolvemento urbanístico deste espazo a través dun Plan Especial

A Xunta convocará un concurso de ideas para a redacción conxunta do plan especial, que ordenará o espazo, así como dos proxectos de rehabilitación, obra nova e urbanización previstos no espazo

Ao Concello de Lugo corresponderalle expropiar as edificacións e parcelas que se inclúen no Plan Especial e que non son de titularidade do IGVS

A Xunta leva rehabilitados 40 edificios no barrio da Tinería, que permitiron poñer á disposición da cidadanía 96 vivendas destinadas a alugueiro social

A Xunta segue a dar pasos para a “seguir reactivando” o barrio da Tinería no casco histórico de Lugo. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, asinou hoxe a compra dun novo inmoble na Rúa Miño que completa a mazá da UI8 e que trala aprobación do convenio por parte do Concello permitirá o desenvolvemento urbanístico deste espazo no que se sitúa o Pazo de Dona Urraca.O inmoble adquirido, por un orzamento de 180.000?, sitúase no número 19 da citada rúa e data de 1880. Cabe sinalar que no pasado ano, a Xunta xa mercara o edificio do número 21 desta rúa do Miño, ambos situados detrás do Pazo de Dona Urraca. Agora, trala aprobación por parte do Concello do convenio urbanístico para desenvolver a contorna do edificio medieval, a Administración autonómica tramitará, como subliñou a conselleira, o Plan Especial para desenvolver urbanísticamente e poñer en valor esta UI8 na que están situados todos os inmobles.Deste xeito, a Xunta convocará un concurso de ideas para redactar de forma conxunta todas as actuacións incluídas no ámbito, tanto a redacción do Plan Especial como a dos proxectos de rehabilitación, obra nova e urbanización. A licitación dos proxectos sería no ultimo trimestre deste año.Pola súa parte, ao Concello de Lugo correspóndelle expropiar as edificacións e parcelas que se inclúen no Plan Especial que non son de titularidade do IGVS. “Deste xeito –apuntou a conselleira–, unha vez a Xunta teña os terreos dispoñibles, cos proxectos redactadas, o IGVS licitará a execución das obras”. No caso do Pazo de Dona Urraca, a Xunta ten un proxecto redactado para a súa rehabilitación, que se tramita dentro do conxunto do Plan Especial.“Unha vez que teñamos todo rehabilitado –afirmou M. Allegue–, quedará á disposición da cidadanía, que poderán acceder ás novas vivendas, a través do Rexistro Único de Demandantes. Lugo é unha cidade prioritaria para a Xunta de Galicia e temos especial coidado con todas as actuacións que levamos a cabo na zona vella da mesma”.M. Allegue sinalou que nos últimos anos, a recuperación da Tinería levada a cabo pola Xunta xa permitiu a rehabilitación de 40 edificios, que permitiron a posta a disposición de 96 vivendas que están destinadas a alugueiro social. O investimento total que leva realizado a Administración autonómica neste barrio do casco histórico lucense ascende a 26M?.“Seguiremos buscando, mercando e rehabilitando outros inmobles do barrio e, coa colaboración co Concello, seguiremos a converter a Tinería nun barrio cheo de vida e de novas oportunidades para todos os lugueses e as luguesas”, subliñou a conselleira. Concretamente, están redactados os proxectos de rehabilitación de dous edificios mais na rúa Catedral e xa se solicitou a licencia municipal, co que se prevé que as obras poidan estar xa executadas para o 2026.Por outra banda, está previsto licitar as obras de rehabilitación da Casa da Torre (Hospital San Miguel), inmoble propiedade da Axencia de Turismo de Galicia, unha vez se dispoña da licencia municipal.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

17:00h | 27 nov 2024 | boletín