Xunta de Galicia

A Xunta destina preto de 250.000 ? á instalación de carteis informativos en parques naturais e hábitats da píllara das dunas para protexer a súa biodiversidade

A Xunta destina preto de 250.000 € á instalación de carteis informativos en parques naturais e hábitats da píllara das dunas para protexer a súa biodiversidade

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

3 min lectura

A Dirección Xeral de Patrimonio Natural sacou a licitación un contrato para sensibilizar á cidadanía sobre os ecosistemas existentes en catro desas zonas protexidas e outro para advertir da presenza destas aves ou dos seus niños nas áreas nas que están presentes

A Xunta vai destinar arredor de 250.000 euros á instalación de carteis informativos nos parques naturais da comunidade e nos hábitats nos que se atopa a píllara das dunas (

) coa finalidade de concienciar á cidadanía sobre a importancia do coidado destes espazos e de protexer a flora e a fauna existentes na contorna.Estas accións de sensibilización poranse en práctica unha vez adxudicados os dous contratos, que foron licitados recentemente pola Dirección Xeral de Patrimonio Natural e publicados na plataforma de Contratos de Galicia.O primeiro deles está dirixido á elaboración de contidos, deseño e colocación de sinais exteriores que contribúan á concienciación da cidadanía sobre o patrimonio natural e a biodiversidade existente na contorna de catro dos espazos protexidos de Galicia recoñecidos coa categoría de Parque Natural: Baixa Limia–Serra do Xurés, Fragas do Eume, Invernadeiro e Serra da Enciña da Lastra. De feito, o contrato repártese en catro lotes, correspondéndose cada un deles cun deses catro parques naturais.A licitación, que conta cun orzamento de máis de 125.000 euros cofinanciados co Programa Galicia Feder 2021–2027, busca poñer os medios para que os visitantes destes espazos accedan á información sobre os valores naturais destas áreas e os seus obxectivos de conservación.Para iso empregaranse distintos elementos como tótems, paneis informativos, sinais de estrada, báculos e balizas que as empresas adxudicatarias deberán transportar e colocar na súa localización definitiva.O segundo contrato, relacionado coa píllara das dunas e ao abeiro do proxecto interrexional europeo Iberalex, ten como finalidade a subministración tanto de carteis permanentes como temporais nas praias e zonas húmidas nas que habita ou nidifica esta especie co obxectivo de informar á cidadanía da súa presenza e mellorar a conservación das súas poboacións.O orzamento desta licitación –distribuída en dous lotes e cofinanciada con Fondos do Programa EP–Interreg VI A España–Portugal (Poctep) 2021–2027– supera os 120.000 euros. O primeiro dos lotes é para a subministración de 60 carteis de carácter permanente para a súa entrega e instalación nos areais dos distintos concellos das provincias da Coruña, Lugo e Pontevedra que teñen presenza desta especie.O segundo lote céntrase na elaboración de algo máis de 200 carteis temporais para a súa entrega ao Centro de Recepción de Visitantes Casa da Costa do Parque Natural Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán para a súa distribución polas zonas de nidificación da especie.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

17:00H | 6 NOV 2024 | BOLETÍN