Xunta de Galicia

A Xunta levará a cabo investimentos por máis de 2,6 millóns de euros nos centros educativos de Redondela

A Xunta levará a cabo investimentos por máis de 2,6 millóns de euros nos centros educativos de Redondela

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

A Dirección Territorial informou ao Concello das obras que se levarán a cabo en nove centros de Primaria e Secundaria

A Xunta de Galicia levará a cabo, a través da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, investimentos por máis de 2,6 millóns de euros en nove centros educativos de Primaria e Secundaria do Concello de Redondela.A Dirección Territorial de Educación mantivo este xoves coa alcaldesa e o concelleiro de Educación unha xuntanza nun clima de bo diálogo e disposición para informar das obras previstas nas infraestruturas situadas no municipio redondelán, algunhas das cales xa están en marcha.Así, no que se refire a Primaria, levaranse a cabo reformas no EEI A Marisma por importe de 67.853 euros (fontanería, falsos teitos e luminarias), no CEIP Laredo por valor de 36.000 euros (luminarias), no CEIP Quintela por 48.000 euros (aseos) e no CEIP Reboreda por 310.579 euros (carpinterías e melloras varias).No referente a Educación Secundaria, os investimentos serán no IES Illa de San Simón por importe de 69.195 euros (illamento térmico e acústico e instalación solar fotovoltaica), no IES Mendiño por 242.436 euros (instalacións térmicas) e no IES Pedro Floriani por 1.888.821 euros para a súa ampliación.Ademais, durante a reunión tamén falouse sobre o convenio cos institutos do concello para uso dos pavillóns polideportivos, a través do acordo coa Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), sobre as obras de reforma integral do IES Alexandre Bóveda e sobre unha posible colaboración en obras nos polideportivos.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

17:00H | 12 SEP 2024 | BOLETÍN