O director da MIT de Ribadavia asegura que será unha "edición festiva" pola celebración dos 40 anos

"Seguimos coa intención de traer a Galicia aos mestres da escena internacional" resalta Roberto Pascual ante o inicio da nova edición con máis de 21 espectáculos de 5 países

00:00

El director de la MIT en los estudios de Cope Ourense explica la programación de este año

Juan Maceiras

Ourense - Publicado el - Actualizado

1 min lectura

O director da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia (MIT), Roberto Pascual, asegurou que esta 40 edición da MIT será unha “edición festiva cun espíritu rexuvenecido que permitirá voltar a vista atrás sobre o acontecido nestos 40 anos”.

Nunha entrevista en Cope Ourense, Roberto Pascual manifestou que “disfrutaremos durante nove días de máis de 21 espectáculos con compañías que proceden de 5 países”.

O Premio de Honra da MIT será para Nova Galega de Danza, que inaugurará a 40ª edición deste certame cultural con “DIQUE” espectáculo de recente estrea. O director engadiu que este evento estará “cargado de apoio e recoñecemento especial ao sector da danza e das artes do movemento” e lembrou que esta compañía “xa recibiu en dúas ocasiós o Premio do Público nos últimos anos na Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia”.

“Esta edición especial da MIT estará marcada pola presenza de espectáculos diversos e sedutores para quen desexe atopar creación escénica contemporánea, híbrida e de alta calidade” indicou Roberto Pascual, quen engadiu que “seguimos coa intención de traer a Galicia aos mestres da escena internacional”.

A MIT desenvólvese dende este venres, día 19 de xullo, en distintos escenarios da vila de Ribadavia onde o público espera unha das citas más importantes do verán na provincia de Ourense.

As entradas para asistir aos espectáculos teatrais poden adquirirse na Praza Maior de Ribadavia, na sede oficial ou por internet: ataquilla.com e mitribadavia.gal

Escucha en directo

En Directo COPE ORENSE

COPE ORENSE

En Directo COPE MÁS ORENSE

COPE MÁS ORENSE

Programas

Último boletín

12:00H | 23 NOV 2024 | BOLETÍN