CULTURA

Comeza a cuarta edición do intercambio de idiomas de Pontevedra

Este venres 6 de setembro tes unha cita na zona vella para practicar unha lingua estranxeira con nativos de todas as partes do mundo

Reunión do intercambio de idiomas

Reunión do intercambio de idiomas

José Jardón

Vigo - Publicado el - Actualizado

3 min lectura

A comezos de 2022, e inspirado en grupos semellantes que existen en cidades moito máis grandes, un estudante pontevedrés de inglés- e Martina -unha muller da República Checa que decidiu mudarse a Pontevedra- puxeron en marcha unha iniciativa de integración e aprendizaxe de linguas que este ano fai o seu cuarto percorrido co obxectivo de que persoas que estudan un idioma estranxeiro poidan practicar con falantes nativos para desenvolver as súas habilidades comunicativas e tamén para rachar ese medo que todos temos cando aprendemos unha lingua que nós é allea.

Como se fai? Pois desde un inicio xúntanse na cafetería El Pasaje de Pontevedra e alí conversan de todo tipo de temas entre eles para mellorar pouco a pouco as capacidades comunicativas no idioma que queremos practicar. Polo tanto, a dinámica é moi sinxela e está fundamentada en reunións informais onde a principal meta é falar e aprender de falantes nativos que se axudan mutuamente no proceso de aprendizaxe.

Máis de 300 persoas diferentes xa pasaron polo noso intercambio

Aínda que as linguas máis faladas no intercambio son o inglés e o español, a actividade caracterízase polo perfil variado e multicultural das persoas que participan todos los venres a partir das 8 da tarde neste café ubicado nos soportais da Ferraría. A el xa asistiron rapazas e rapaces dos cinco continentes e de multitude de países. Homes e mulleres de lugares tan distintos como Corea, Brasil, México, Estados Unidos, Singapur, Australia, Alemaña, Escocia ou Reino Unido teñen participado nas reunións que se organizan semanalmente para intercambiar non só a súa lingua nai senón tamén as súas experiencias nunha cidade, Pontevedra, á que aterran por primera vez e da que apenas coñecen nada.

Grazas ao intercambio fixeron novos amigos, formaron grupos e actividades paralelas que os axudaron a integrarse máis facilmente nunha vila que perciben como amable aínda que afirman que resulta un pouco difícil facer novas amizades, especialmente se non se domina con fluidez o español.

Un grupo de Whatsapp con case 340 membros

Logo das primeiras reunións, que xuntaban a menos de dez participantes, o organizador  colocou cartaces por lugares estratéxicos da cidade, como son o campus universitario, a biblioteca, a escola de idiomas ou as prazas máis coñecidas para dar a coñecer o noso intercambio. Nos cartaces inclúese un código QR que nos leva directamente a un grupo de whatsapp que serve de vía para convocar as reunións e para dar información que resulte relevante relacionada co intecambio.

Actualmente case 340 persoas forman parte do grupo e no intercambio chegáronse a xuntar máis de 30 participantes nalgunhas ocasións. Porén, a media soe estar entre 15 e 20 persoas que acoden semanalmente a El Pasaje para practicar un idioma e para facer novos amigos.

Unha actividade que busca consolidarse ano tras ano e que comeza este próximo venres 6 de setembro

Como de costume nas tres edicións anteriores (2022, 2022-2023 e 2023-2024) o intercambio tomou un pequeno descanso nos meses de xullo e agosto pero regresa este próximo venres con máis enerxía e ilusión ca nunca.

O intercambio de idiomas de Pontevedra procurará seguir sendo a referencia deste tipo de actividades na cidade (agora mesmo é a única destas características) e consolidarse un ano máis como lugar de encontro multicultural da cidade.

Para iso, e como aconteceu en anos anteriores, puxéronse cartaces informativos por toda a cidade para anunciar a cuarta edición do intercambio de idiomas de Pontevedra.

A primeira das reunións celebrarase este vernes 6 de setembro, en vésperas da Feira Franca. A hora de inicio é ás 8 da tarde aínda que a xente interesada pode unirse cando desexe. Habitualmente os participantes nesta iniciativa costuman estar como mínimo ata as 10.30 da noite no piso de arriba de El Pasaje.

Escucha en directo

Directo

COPE PONTEVEDRA

Programas

Último boletín

13:00H | 15 SEP 2024 | BOLETÍN