Xunta de Galicia

Gómez Caamaño subliña o compromiso da xunta cos hospitais comarcais tras 10 anos de melloras no Hospital Público da Mariña, que atende a 70.000 persoas

Gómez Caamaño subliña o compromiso da xunta cos hospitais comarcais tras 10 anos de melloras no Hospital Público da Mariña, que atende a 70.000 persoas

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

3 min lectura

Sinala que o proxecto para seguir ampliando este hospital, cun investimento de 30M?, está moi avanzado e debe desenvolverse de forma compatible coa actividade asistencial

Lembra que desde 2015 a Xunta investiu 19 millóns de euros en melloras que marcaron “un antes e un despois” neste hospital público

Destaca que a convocatoria das prazas de difícil cobertura por concurso de méritos posibilitou a incorporación de 16 novos especialistas en áreas clave do hospital

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, subliñou hoxe o compromiso da Xunta cos hospitais comarcais, logo de preto de dez anos de melloras continuas no Hospital Público da Mariña, no que se levan investidos máis de 19 millóns de euros nos últimos anos.No transcurso da súa visita ao hospital situado en Burela, na que estivo acompañado polo delegado territorial da Xunta, Javier Arias, e polo xerente da área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, Ramón Ares, o conselleiro remarcou que os hospitais comarcais son imprescindibles para achegar unha asistencia sanitaria de calidade ao conxunto da cidadanía.Gómez Caamaño lembrou que está a visitar todos os hospitais comarcais públicos para poñer en valor e agradecer o labor fundamental que se desenvolve nestes centros, así como coñecer as necesidades dos profesionais e manifestar a determinación da Xunta para mellorar as condicións do seu funcionamento.O conselleiro aludiu especialmente ás melloras levadas a cabo no Hospital Público da Mariña desde 2015 que, cun investimento de 19 millóns de euros, marcaron “un antes e un despois” neste centro hospitalario.Destacou a dotación dun hospital de día oncohematolóxico e a execución dunha primeira fase de ampliación e reforma que supuxo a construción dun novo edificio de hospitalización e consultas externas, ampliando a superficie do centro en 6.000 m

e modernizando áreas como diálise e administración.Tamén se referiu á ambiciosa actuación de eficiencia enerxética levada a cabo cun investimento de case 2 millóns de euros e á renovación e ampliación do equipamento tecnolóxico, cunha nova resonancia magnética e un novo TAC, ao que se destinou 2,2 millóns de euros.Tal e como detallou o conselleiro na súa intervención, o compromiso da Xunta co Hospital da Mariña, que atende a 70.000 persoas, continúa. O Goberno galego está a avanzar para desenvolver integramente a Fase II do Plan Director do hospital, unha actuación de relevancia que contará cun investimento de 30 millóns de euros e suporá a ampliación de áreas críticas como o hospital de día polivalente, as urxencias, radioloxía, anatomía patolóxica, laboratorio e cirurxía maior ambulatoria.Gómez Caamaño incidiu en que o conxunto do Plan Director incrementará a superficie do hospital nun 70%, acadando os 28.200 m

. Lembrou que o proxecto está moi avanzado e que toca agora abordar coa área sanitaria un plan de actuacións que garanta compatibilizar as obras coa actividade asistencial.Respecto das necesidades de persoal, lembrou que a Consellería de Sanidade axustou as condicións para contar con profesionais nas prazas de difícil cobertura, posibilitando a súa convocatoria por concurso de méritos, o que facilitou a incorporación de 16 novos especialistas en áreas clave do hospital.O conselleiro rematou a súa intervención reafirmando o compromiso do Goberno galego co crecemento e mellora continua do Hospital Público da Mariña, asegurando unha atención de calidade para todas e todos os seus usuarios.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

12:00h | 27 nov 2024 | boletín