Xunta de Galicia

López Campos celebra os 40 anos da Mostra de Teatro de Ribadavia como evento esencial na evolución escénica de Galicia

López Campos celebra os 40 anos da Mostra de Teatro de Ribadavia como evento esencial na evolución escénica de Galicia

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

4 min lectura

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude participa no acto de inauguración do festival, que se desenvolverá ata o 27 de xullo con máis dunha vintena de propostas artísticas en cartel

Destaca a cultura, a historia e o humor como eixos vertebradores da MIT e os valores de compromiso co teatro en galego, coas novas tendencias e como entidade coprodutora

A Xunta mantén o seu apoio ao encontro no marco da dinámica de colaboración cos eventos de referencia para o sector teatral

O espectáculo de apertura é ‘Dique’, de Nova Galega de Danza en coprodución coa Xunta a través do Centro Coreográfico Galego, e o Centro Dramático Galego estreará ‘Nada se sabe’ con Culturactiva

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, participou hoxe no acto de inauguración da Mostra Internacional de Teatro (MIT) de Ribadavia, que cumpre na actual edición o seu 40º aniversario e á que se referiu como evento esencial na evolución escénica de Galicia durante estas últimas catro décadas. O representante do Goberno galego, que acudiu ao acto acompañado polo delegado territorial en Ourense, Manuel Pardo, o director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, e o director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, sinalou tamén o compromiso co teatro en galego, o labor de difusión das últimas tendencias e linguaxes sobre as táboas e a súa faceta produtora de espectáculos como principais valores dun encontro que traspasa fronteiras e que ten na cultura, a historia e o humor os seus eixos vertebradores.O titular de Cultura puxo a cita de Ribadavia como paradigma do encontro multidisciplinario e aberto a todos os públicos, ao tempo que lle recoñeceu o seu papel determinante no nacemento e evolución do teatro profesional galego, como berce da Xeración Abrente nos anos 70 e a través da organización continuada de premios e actividades formativas e de intercambio de ideas que están a contribuír na actualidade ao fortalecemento do sector.O Concello ribadaviense volve contar coa colaboración económica da Xunta no marco da súa estratexia de apoio ás mostras de referencia para as artes escénicas de Galicia e para a dinamización das industrias culturais en xeral. A MIT 2024 forma parte, ademais, de CulturÓN, a ampla programación impulsada pola Consellería de Cultura durante os meses de verán, con máis de 30 actuacións diarias en 200 localidades do país. Ademais do apoio a través do convenio de colaboración asinado, a Mostra de Ribadavia incorpora este ano ao seu extenso programa dúas montaxes coproducidas a través de unidades dependentes da Xunta. Así, o espectáculo inaugural desta edición é unha peza de danza promovida pola Xunta de Galicia a través do Centro Coreográfico Galego. Trátase de

, de Nova Galega de Danza, compañía que recibe o Premio de Honra da MIT este ano). Con dirección escénica e dramaturxia de Marta Pazos e dirección coreográfica de Belén Martí Lluch,

abre esta mesma noite a carteleira artística cun pase ás 23:00 h. no Auditorio do Castelo para o que hai días que xa non quedan entradas dispoñibles.O Centro Dramático Galego, que este ano está a celebrar tamén os 40 anos desde a súa fundación, achega pola súa banda

, a proposta que coproduce con Culturactiva e que a vindeira semana ultimará ensaios no Salón Teatro de Santiago de Compostela. A obra, que afonda na liña de traballo inclusivo da compañía pública, en conexión tamén coa filosofía da MIT, terá a súa estrea absoluta o día 26 en Ribadavia. En

dúas actrices e dous actores con diversidade funcional repasan versións da discapacidade no teatro clásico, deténdose nunha adaptación da traxedia de Sófocles

asinada por Manuel Lourenzo. Ignacio García, quen fora director do Festival de Teatro Clásico de Almagro, e Fran Rei dirixen esta peza a modo de creación colectiva.Durante os seus nove días de celebración, a Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia recibirá outras recoñecidas figuras da creación e dirección escénica, como Guillermo Calderón, Alice Ripoll, Alberto Conejero ou Esther Carrodeguas como parte dunha carteleira na que tamén figuran grande nomes do clown, como o arxentino Gabriel Chamé e a inglesa Peta Lily, así como as estreas en Galicia dos novos traballos de Alberto Velasco ou Los Galindos. Documentais, coloquios, cursos e presentacións complementan a intensa programación de espectáculos.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

12:00h | 27 nov 2024 | boletín