Xunta de Galicia
A Xunta inviste preto de 3 M? en proxectos de creación, mellora e ampliación de servizos básicos locais en aldeas modelo
Publicado el - Actualizado
2 min lectura
O Diario Oficial de Galicia publicou esta semana a resolución destas axudas, beneficiando a 20 concellos que contan con este instrumento de mobilización incluído na Lei de recuperación da terra agraria
As actuacións subvencionables a través desta liña de achegas son, entre outras, a rehabilitación de espazos públicos ou edificios destinados a servizos públicos, a mellora de vías públicas, redes de servizos ou servizos dixitais
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou esta semana a resolución das axudas para proxectos de creación, mellora e ampliación de servizos básicos locais en aldeas modelo, cun orzamento bianual de preto de 3 millóns de euros, cos que se busca facilitar a execución dos proxectos en 20 municipios que contan con esta ferramenta de mobilización incluída na Lei de recuperación da terra agraria de Galicia. O obxectivo destas axudas é reforzar os servizos públicos e dotacións básicas proporcionados á poboación rural das aldeas modelo, favorecendo a implantación de actividades que xeren emprego e fixen poboación.As actuacións subvencionables a través desta liña de axudas son, entre outras, a rehabilitación de espazos públicos ou edificios destinados a servizos públicos, a mellora de vías públicas, as redes de servizos (alumeado, auga, saneamento, enerxía, comunicacións...), servizos asistencias e culturais ou a rehabilitación de elementos patrimoniais como hórreos, fontes, lavadoiros ou muíños. Neste sentido, estas achegas prestan especial interese á modernización dos núcleos rurais, polo que tamén se poderán empregar estas subvencións para dixitalizalos e implementar e–servizos mediante Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) específicas para a provisión de servizos no medio rural.Ligazón á resolución no DOG:
.
Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.
La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando